O Hotel Balneario de Mondariz acolleu a presentación do geodestino Condado Paradanta, liderado polo concello de Ponteareas e composto por estes concellos e os da Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra e Salceda de Caselas. Unha iniciativa que xorde co obxectivo de situar ás dúas comarcas no calendario dos turistas a través da promoción dos seus recursos naturais, patrimoniais, etnográficos, e gastronómicos.

Para iso o geodestino Condado Paradanta conta cunha web e un a guía turística da zona e cun mapa que guiará aos visitantes polas rutas non só ambientais e históricos se non tamén gastronómicos ofrecendo ademais un paquete de turismo que une viño e auga e materiais de promoción. Todo iso foi posible levalo a cabo grazas ao convenio asinado entre a Axencia Galega de Turismo e o geodestino e contou cun investimento de 30.000 euros para este 2017.

Na presentación do geodestino estiveron presentes o presidente do GDR e Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez; o Presidente do geodestino e Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; os técnicos responsables do proxecto das empresas AVIVAE E INICIACTIVA; a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro e o Alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo.

14 de Decembro de 2017
presentacion parandanta

Dez concellos conforman o geodestino Condado Paradanta, que estrea web e propostas turísticas

O Hotel Balneario de Mondariz acolleu a presentación do geodestino Condado Paradanta, liderado polo concello de Ponteareas e composto por estes concellos e os da Cañiza, […]
13 de Decembro de 2017
Encuentro Guias Turístico Galicia Diciembre portada

Santiago acolle a celebración do III Encontro Nacional de Guías Oficiais de Turismo

No marco do evento celebrarase o 40 anivesario de Guías de Galicia e o 30 de CEFAPIT, a asociación de Guías oficiais de turismo a nivel […]
12 de Decembro de 2017
puerto de Vigo

A industria dos cruceiros crece en Galicia a un ritmo maior que a media nacional

Ata o mes de outubro os portos galegos captaran máis de 300 mil cruceristas, un 10% máis que en 2016 Á espera do peche de 2017, […]
11 de Decembro de 2017
turismo rural casa videira

Unha boa ponte de decembro para encarar a recta final dun ano histórico para o turismo en Galicia

A coincidencia no calendario dos dous festivos na semana fixo que esta ponte de decembro fose especialmente bo para ás escapadas a Galicia, propiciadas polo calendario […]