Arrincou en xullo a sétima edición do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Zarapicos Campo de Golf 3

Arrincou en xullo a sétima edición do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Co obxectivo de pór de relevo as grandes condicións para a práctica do golf que posúe Galicia, xunto con atractivos complementarios como o seu enogastronomía ou o termalismo, este mes de xullo ven de comezar unha edición máis do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia, dirixido a xogadores de golf maiores de 50 anos.

Este ano o torneo consta de seis probas clasificatorias abertas a nivel nacional e unha gran final que se disputará en terras galegas, concretamente no espléndido campo de golf do Hotel Balneario de Mondariz. A primeira dela celebrouse o 13 de xullo no campo de Golf do Parador do Saler, en Valencia, proba á que lle seguiu a do Golf Country Club-Percorrido Zarapicos, en Castela e León. Logo do parón estival, a competición reactívase en setembro, coa celebración o día 5 da terceira proba no Zuasti Club de Campo (Navarra); o día 7 será a quenda para O Real Novo Club Golf de San Sebastián, Basozabal, no País Vasco; o martes 12 no Club Zaudín Golf (Andalucía) a sexta e última proba clasificatoria, será en Madrid, no RACE Golf Xarama, o día 14 de setembro. A gran final do circuíto xogarase na comunidade galega, no campo Golf Balneario de Mondariz. En todas e cada unha das probas os participantes recibirán un agasallo de benvida; gozarán, a metade de percorrido, dun aperitivo de produtos típicos galegos e durante o cóctel de entrega de premios, degustarán as excelencias ofrecidas polos colaboradores do evento e participarán no sorteo de agasallos.

Todas as probas clasificatorias celebraranse baixo a modalidade Stableford Scratch e Hándicap Individual. Os primeiros nas categorías Scratch e Hándicap, mellor Dama e mellor Master Senior de cada previa, clasificaranse directamente para a final. A fase final do Circuíto desenvolverase no Hotel Balneario de Mondariz onde se aloxarán os xogadores clasificados e os seus acompañantes. A Gran Final disputarase tamén baixo a modalidade Stableford Scratch e Hándicap Individual, durante os días 16 e o 17 de outubro, proclamándose gañador o xogador con mellor puntuación tras a suma dos cartóns de ambas as xornadas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn