Arrinca a segunda convocatoria anual do programa Re-acciona cunha xornada sectorial sobre enoturismo

enoturismo

Arrinca a segunda convocatoria anual do programa Re-acciona cunha xornada sectorial sobre enoturismo

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de abrir a segunda convocatoria do ano para a solicitude dos servizos que ofrece co programa Re-acciona. Por este motivo, organiza unha serie de xornadas sectoriais co obxectivo de presentar as vantaxes que os devanditos servizos poden supor para as pemes.

A primeira delas estivo centrada no sector do enoturismo, un encontro que se celebrou no Museo Etnográfico do Viño de Cambados e que servió para abordar a evolución do enoturismo como unha ferramenta que permite dar a coñecer a esencia dun territorio a través dun produto, neste caso, o viño. A xornada contou coa participación da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, e cunha unha mesa redonda que permitiu coñecer a experiencia de empresas como Sente Galicia e Trazer, ademais do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, que interveu para falar sobre os servizos do programa, que xa ha axuda a máis de 1500 pemes desde a súa posta en marcha.
Tras as experiencias Re-acciona, desenvolvéronse dous relatorios máis en torno ao enoturismo, unha a cargo da responsable de enoturismo da adega Martín Códax, María Otero, e outra do director de Instituto do Viño, Xoán Cannas que puxeron de manifesto os seus puntos de vista do que é facer enoturismo e o que achega. Para finalizar, o xerente do Igape, José Manuel Fernández, presentou os servizos Re-acciona para a mellora da competitividade das pemes galegas e resolvéronse dúbidas dos participantes na xornada.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn