Arrinca a misión comecial do Cúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres

ACTIVIDADES
foto grupo

Arrinca a misión comecial do Cúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres

A delegación inicia tres xornadas de traballo nas que manterá contactos con turoperadores para promover a internacionalización do destino Galicia

Hoxe deu comezo a misión comercial do Clúster do Turismo de Galicia á World Travel Market, en Londres, unha das feiras sectoriais de referencia para o sector turístico a nivel internacional. En total desprazáronse á capital británica 30 asociados pertencentes a diferentes sectores da cadea de valor do sector turístico galego. Durante estas xornadas de traballo desenvolveranse diferentes encontros agendados con turoperadores internacionais aos que se lles presentará a oferta de Galicia como destino turístico, ofrecéndolle ás empresas participantes a posibilidade de contactar con empresas especializadas nos diferentes produtos turísticos.

A misión auspiciada polo Clúster do Turismo de Galicia en colaboración con Turismo de Galicia desenvolverase no recinto feiral ExCel de Londres, no espazo de traballo que Turespaña habilitou para Galicia. “Esta é a terceira ocación na que participamos como Clúster Turismo de Galicia nesta feira, que nos permite abrir novas vías de contacto con turoperadores que buscan descubrir destinos con potencial de crecemento como é Galicia, que ofrece turismo deportivo, wellness, Camiño de Santiago e outros produtos turísticos especializados, perfectos para o turista británico”, explica o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González.

Na misión participan representantes da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, da Asociación Provincial de Empresarios da Coruña, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, da Federación Galega de Turismo Rural, do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, da Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, da Asociación Profesional do sector turístico da Costa da Morte, Expourense, así como axencias de viaxes, aloxamentos ou restauración.

World Travel Market
Os contactos e actividades da delegación comercial continuarán no WTM até o vindeiro mércores, 9 de novembro, aproveitando este gran referente da industria turística a nivel mundial na que se dan cita 50.000 profesionais das viaxes nun espazo expositivo con máis de 5.000 casetas e no que máis de 9.000 compradores e vendedores de todo o mundo e de todos os sectores da industria de viaxes danse cita en WTM.

Cabe lembrar que o noso país é o primeiro destino para os británicos e o Reino Unido o principal mercado emisor para España. No caso de Galicia, o mercado británcio cobrou especial importancia este ano, non en balde o turista británico converteuse no segundo en maior afluencia, despois de Portugal, durante a última tempada estival. Na actualidade hai conexións desde 28 aeroportos británicos a 35 españois, sen esquecer que Reino Unido é o país de orixe dun 23,6% do total de chegadas internacionais e xera un 20,3 % dos ingresos por turismo en España. Ambos os indicadores, volume e gasto, converten ao Reino Unido no principal mercado para o noso país, por diante de Alemaña e Francia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn