Arrinca a formación para que o sector turístico galego se acredite para traballar na futura ruta atlántica WAOH!

Formación xornada turismo náutico WAOH

Arrinca a formación para que o sector turístico galego se acredite para traballar na futura ruta atlántica WAOH!

A Consellería de Cultura e Turismo promoveu durante esta semana a celebración dunha serie de actividades formativas sobre a Ruta WAOH!, o itinerario no que Galicia está presente xunto ao Reino Unido, Irlanda e Portugal centrado no turismo do mergullo. Os participantes deste tipo de accións formativas son persoal de turismo de administracións locais e geodestinos así como profesionais de empresas especializadas en actividades de mergullo, kaiak, paseos en barco, avistamento de cetáceos e empresas comercializadoras que reciben esta formación co obxectivo de impulsar o ecoturismo costeiro-mariñeiro.

Esta acción permitiralle, ademais, que os seus participantes se formen como operadores e guías da Ruta WAOH!, unha iniciativa que conta co apoio financeiro do Fondo Europeo e Marítimo para a Pesca (FEMP) da Unión Europea e nace para fortalecer Europa como un destino sustentable que permite conectar lugares de mergullo de primeiro nivel establecendo sinerxías con outras actividades náuticas como paseos en kaiak, avistamento de cetáceos e paseos en barco.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn