Arxentina interésase polos avances en competitividade e calidade do sector turístico galego

Firma Termas  Río Hondo Fitur 2019

Arxentina interésase polos avances en competitividade e calidade do sector turístico galego

Unha delegación de Santiago del Estero asinou un protocolo de colaboración co Clúster Turismo de Galicia para avanzar en accións en común que lles permitan mellorar os seus destinos turístico estrela, Las Termas del Río Hondo

No marco da participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur tamén houbo oportunidade para realizar un primeiro achegamento cunha delegación arxentina de Santiago del Estero co obxectivo de colaborar con eles na mellora da competitividade turística do destino Las Termas del Río Hondo.

Un achegamento que se concretou na sinatura dun protocolo de colaboración entre o Cluster de Turismo de Galicia e a Subsecretaría de Turismo da Provincia de Santiago del Estero, que terá tamén como obxectivo coñecer os adiantos que en calidade turística realizou o sector turístico galego.

Las Termas del Río Hondo é o principal destino turístico desta provincia arxentina e con este acordo, asinado polo subsecretario de Turismo de Santiago del Estero, Ricardo Sosa, co presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesareo Pardal, búscase fortalecer lazos institucionais que se materialicen en actividades en Santiago del Estero e Galicia, ademais de xerar a participación en seminarios, conferencias, feiras, simposios e congresos que representen o potencial desenvolvemento do turismo.

Na firma tamén estiveron presentes o intendente de Las Termas del Río Hondo, Jorge Mukdise, e o membro do Cluster e responsable de Expourense, Emma González. A firma deste acordo enmárcase na procura de cooperación con outras entidades do ámbito do turismo e da saúde, co obxectivo de absorber coñecementos de Galicia, “que ten un avanzado status en canto á calidade e competitividade turística”, segundo explicou Sosa.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn