Antonio Mortera Morán proclámase gañador absoluto do VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia.

ganadores circuito golf senior 2019

Antonio Mortera Morán proclámase gañador absoluto do VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia.

A Ribeira Sacra lucense acolleu a gran final do circuíto de golf sénior, instrumento que a axencia de Turismo de Galicia utiliza desde hai 9 anos para promocionar a comunidade como un destino de golf diferente que transmite tranquilidade, relax e sobre todo boa gastronomía e bos viños.

Finalmente foi Antonio Monteira, na categoría Scratch, o gañador absoluto, seguido do xogador de San Sebastián Jaime Beñarán. En categoría hándicap o gañador foi o xogador navarro Gabriel Nagore, seguido do sevillano Carlos Menor. En categoría Damas a mellor foi a xogadora de San Sebastián Rafaela Argamasilla e na categoría de Mastersenior (maiores de 70 anos) o xogador sevillano José Mª Cobo Machacón. Na final paralela triunfaron as xogadoras sevillanas Manuela Pachón e Cristina Valverde que quedaron primeira e segunda respectivamente.

Os 24 finalistas do Circuíto, procedentes de Valencia, Pamplona, Sevilla, Madrid, San Sebastián e Xixón, xunto cos seus acompañantes, puideron gozar de 4 días na Ribeira Sacra, aloxados no hotel balneario Oca Augas Santas Golf, onde a paisaxe e a enogastronomía da ribeira sacra foron tamén protagonistas. A este grupo uníronse 30 amigos dos finalistas que adquiriron o paquete turístico para acompañarlles nesta experiencia e xogar a final paralela. Hai que destacar, entre estes últimos, un grupo de 16 persoa procedente de Valencia.

Durante a súa estancia os visitantes puideron gozar, ademais da gastronomía da zona, dunha visita á adega de Regina Viarum, no berce do Amandi e un percorrido en catamarán polos canóns do Sil e así poder contemplar os viñedos en plena vendima polo que moitos deles decidiron alargar a súa estancia en Galicia até o domingo, para coñecer outros campos de golf galegos e gozar do territorio.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn