Análise de Galicia Turismo Rural para construír un sector de futuro

ESTUDIO MERCADO

Análise de Galicia Turismo Rural para construír un sector de futuro

FEGATUR recolle na súa web o estudo desenvolvido pola marca Galicia Turismo Rural para coñecer mellor as características deste sector, a súa distribución xeográfica e as características que definen ao turismo rural galega fronte ao resto das comunidades autónomas, o que permite extraer conclusións que permitan explorar novos nichos de mercado e oportunidades para o seu desenvolvemento e profesionalización. O obxectivo fundamental deste estudo – que podes descargar nesta ligazón- é obter os datos suficientes para poder establecer posteriormente un completo plan de acción 2017-2018 para a marca Galicia Turismo Rural, con obxectivos realistas e estratexias adecuadas.

Ao longo deste estudo, exponse unha contextualización do sector do turismo rural de Galicia, recollendo o número de establecementos de aloxamento rural de Galicia, a súa clasificación, distribución xeográfica, número de habitacións e prazas, o perfil do propietario galego e a problemática xeral. O estudo recolle tamén unha análise da conxuntura do turismo rural en todas os CC.AA. españolas e a evolución dos principais indicadores, así como estudos relacionados coas tendencias de consumo neste segmento de mercado, que nos permitan atopar novas oportunidades e nichos que axuden a continuar desenvolvendo a marca Galicia Turismo Rural.

Perfil do propietario e do turista rural en Galicia
Entre as principais conclusións que se extraen do informe destaca que o turismo rural galego conta cun índice de satisfacción maior que a media nacional, cunha evolución positiva en ocupación e número de viaxeiros, aínda que o peso específico do turismo rural galego segue sendo moi escaso, marcado por unha elevada estacionalidade e polo que os propietarios detectan como unha ameaza, a economía colaborativa que xera aloxamentos alternativos que do sector detecta como intrusismo aínda que conta cun nicho de mercado que está en crecemento: a enogastronomía.

No capítulo dos propietarios o informe destaca que os responsables das casas de turismo rural galega necesitan maior formación en idiomas e novas tecnoloxías, así como realizar un maior investimento en promoción para gañar visibilidade no mercado global. Ademais, sería necesaria unha reestruturación das estruturas asociativas, promovéndoas entre os asociados para gañar competitividade. Destaca, ademais, a necesidade de incrementar os servizos e instalacións complementarias que favorezan unha experiencia máis completa sen saír do aloxamento.

Finalmente, en canto ao perfil do turista rural galego, o retrato que debuxa o informe é o dun viaxeiro principalmente galego ou madrileño, que viaxa en parella e alóxase principalmente en casas rurais compartidas principalmente das Rías Baixas e Terras de Santiago e Deza, que busca desconexión e relax, que valora a enoloxía e gastronomía galegas e que elije estrablecimientos con boa reputación en liña sobre todo no que se refire a limpeza, confort e localización.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn