Ampliado o prazo de inscrición para participar na próxima misión comercial á World Travel Market de Londres

ACTIVIDADES
Cluster WTM Londres

Ampliado o prazo de inscrición para participar na próxima misión comercial á World Travel Market de Londres

Ata o 12 de agosto estará aberto o prazo para participar nesta feira profesional e manter contactos comerciais previamente axendados

Até o 12 de agosto próximo o Clúster de Turismo de Galicia mantén aberto o prazo para inscribirse na misión comercial á feira internacional de turismo World Travel Market London, que terá lugar do 6 ao 9 de novembro de 2016.
O número de participantes máximo é de 25 persoas polo que aquelas empresas e asociados interesados en participar deberán comunicalo a través de correo electrónico a administracion@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF). O prezo por participante, unha vez descontada a axuda do 50% que asume o Clúster, será de 600€, o que incluirá viaxe en avión, hotel en réxime AD (3 noites), seguro de viaxe, traslados e as entradas á feira.
Será requisito imprescindible para os asistentes o presentar un certificado do secretario da asociación á que pertenza na que faga constar a pertenza do mesmo á asociación, indicando o nome da empresa.
A misión comercial iniciarase o domingo 6 de novembro, saíndo desde o aeroporto da Coruña ou desde Santiago de Compostela inclúe servizos de traslado e de xestión de axenda aos participantes na misión comercial, polo que é necesario que os participantes remitan información sobre empresa e servizos para poder axendar encontros do máximo proveito para ambas as partes.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn