Axencias de viaxe de Galicia e Madrid coñecen o operativo de CN Travel a Madeira

ACTIVIDADES
Madeira

Axencias de viaxe de Galicia e Madrid coñecen o operativo de CN Travel a Madeira

O turoperador galego CN Travel reuniu a máis de 250 axentes de viaxes de Madrid e Galicia co obxectivo de dar a coñecer o operativo co que esta empresa conta para as viaxes con destino a Madeira. Desde Madrid, CN Travel pon a disposición das axencias de viaxes prazas aéreas garantidas, con saída en domingo, durante o verán. O resto da tempada, dispón de prazas garantidas desde Madrid vía Lisboa.
En canto a Galicia, a opción de CN Travel é un voo con prazas garantidas con saída en sábado e domingo desde Porto. “Con Madeira queremos completar a nosa oferta de Portugal cun destino insular, atractivo para todos os públicos e durante todo o ano. O seu clima, gastronomía e as opcións de lecer que ofrece a illa, sitúana como unha boa alternativa ás illas e costas españolas”, destaca Luís Borrajo, de CN Travel.

A presentación contou tamén coa presenza do executivo de conta de España da Asociación de Promoción de Madeira (APMadeira), Juan Carlos Gonçalves; e representantes da hotelería madeirense (hotel The Lince, hotel Meliã Madeira Mare, hotel Windsor e a empresa de servizos Euromar) que coincidiron en destacar as grandes potenciais deste destino, atractivo para todos os públicos e durante todo o ano.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn