Acuerdo de colaboración Galicia-Norte de Portugal para o impulso turístico da Eurorrexión

euroregion_1

Acuerdo de colaboración Galicia-Norte de Portugal para o impulso turístico da Eurorrexión

Turismo de Galicia e Turismo do Porto e Norte de Portugal veñen de asinar un protocolo de colaboración co obxectivo de favorecer un mellor coñecemento dos recursos turísticos da Eurorrexión Galicia Norte Portugal como destino diferencial de grande riqueza e calidade. Cabe destacar que Portugal é o principal mercado internacional de Galicia. Nos dez primeiros meses deste ano 2015 o mercado portugués representou o 44% do total do turismo internacional que chegou a Galicia.

Ambas entidades buscan así iniciar un intercambio de información sobre os respectivos planos estratéxicos e de marketing de cada territorio a xestión dos Camiños de Santiago no territorio portugués, co fin de asegurar unha identidade única en cuestións como a sinalización, a comunicación ou a política de albergues.

Por outra parte, explotaranse iniciativas conxuntas noutros ámbitos, como as Tendas Interactivas de Turismo e outros mecanismos dixitais de promoción, as áreas da saúde ou benestar, o termalismo, o turismo da natureza, as rutas enogastronómicas, a gastronomía e viños, o touring cultural, paisaxístico e dos patrimonios, o turismo relixioso, os trens turísticos ou actividades relacionadas co río Miño.

Outra das liñas de actuación que inclúe este convenio de colaboración é a preparación de candidaturas conxuntas ás distintas convocatorias de fondos europeos, en especial á dos fondos de cooperación transfronteiriza.

O protocolo de colaboración foi asinado polos responsables das dúas entidades, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente de Turismo do Porto e Norte de Portugal, Melchior Moreira.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn