ACTIVIDADES

O Clúster de Turismo de Galicia recibirá o Premio Q de Calidade Turística durante a celebración de Fitur
13890
20-1-2020

O Clúster de Turismo de Galicia recibirá o Premio Q de Calidade Turística durante a celebración de Fitur

O Clúster Turismo de Galicia recibirá o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración da próxima edición de Fitur, que arrinca este mércores en Madrid. Trátase dun dos recoñecementos máis importantes do sector e a súa entrega terá lugar durante a gala da Noite Q 2020, que terá lugar o vindeiro xoves, 23 de xaneiro na Galería de Cristal Palacio de Cibeles, sede do Concello de Madrid. Tamén recibirán o distintivo o Concello de Torremolinos, a Asociación de Empresarios de Praia Costa do Sol, o Concello de Puerto de la Cruz e o Cabildo de Tenerife.

O obxectivo dos galardóns é recoñecer o esforzo realizado polas institucións ou persoas particulares para impulsar a marca Q de Calidade Turística. No caso do Clúster Turismo de Galicia o ICTE fai entrega deste premio ao CTG en recoñecemento ao compromiso do empresariado turístico galego coa Marca Q de Calidade, cunha participación activa do Clúster, no apoio a todas as accións ao redor da Q que se impulsan desde a Xunta de Galicia e coa culminación dun importante número de certificacións, que converteu a esta Comunidade na segunda de toda España neste aspecto.

Recollerá o Premio o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal nunha gala que estará presidida pola Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver e o presidente do ICTE, Miguel Mirones, que manifestou que con estes Premios, desde o Instituto quérese subliñar unha vez máis a importancia da colaboración público-privada, posto que se están recoñecendo a entidades tanto privadas como públicas que apostaron por formulas de colaboración para implantar nos seus territorios sistemas de calidade, promocionar a Marca Q e aumentar o numero de certificacións.

A segunda comunidade no ranking
Galicia conta con 290 certificacións, o que a sitúa no segundo posto do ranking, tras Andalucía que acumula un total de 330 e moi por diante da Comunidade Valenciana, que conta con 196 recoñecementos deste tipo.

O maior número de certificacións, un total de 79 (máis do 27%), outorgáronse a hoteis e apartamentos turísticos; por detrás sitúanse os restaurantes (22%), os servizos turísticos de intermediación (15,5%) e aloxamentos rurais (9,3%).

Por outra banda, son dez os portos deportivos que contan coa Q de Calidade, un total de sete balnearios, seis Oficinas de Información Turística, catro cámpings, tres empresas de turismo activo e outro tres doutros servizos vinculados ao sector e dous de transporte turístico.

LER MÁIS

O Camiño Portugués pola Costa a exame a través do proxecto Facendo Camiño de Proturga
13869
15-1-2020

O Camiño Portugués pola Costa a exame a través do proxecto Facendo Camiño de Proturga

Facendo Camiño, proxecto para sensibilizar, pór en valor e analizar o Camiño de Santiago analiza un tramo deste itinerario, no marco do programa “O teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia

Profesionais procedentes de diferentes ámbitos do sector turístico participan esta semana nunha iniciativa de Proturga para analizar e pór en valor os diferentes itinerarios do Camiño de Santiago, Facedo Camiño. No marco do seu proxecto “O Teu Xacobeo”, Proturga vén desenvolvendo desde o pasado mes de novembro diferentes xornadas con profesionais do sector que sirvan como viaxes de familiarización para achegar coñecemento e mellorar as capacidades destes profesionais como futuros prescriptores do Camiño de Santiago.

Tras as xornadas celebradas en torno ao Camiño Inglés e Portugués, este mes de xaneiro é a quenda para o Camiño Portugués pola Costa, que se desenvolve o 16 de xaneiro a través dun programa que comezará en Baiona con visita ao centro histórico e á Casa da Navegación para posteriormente trasladarse á veciña Oia e gozar do seu mosteiro. Xa pola tarde realizarase o traslado á localidade portuguesa de Caminha, tomando o transbordador até A Guarda para camiñar despois seguindo os ritmos do mar.

O obxectivo é poder ver a riqueza e variedade da zona como oferta turística complemetaria para o camiñante e poder estudar un camiño que experimentou un meteórico incremento de peregrinos nos últimos anos. Para finalizar a xornada, os profesionais do turismo participantes, chegados desde diferentes ámbitos (aloxamento, restauración, axencias de viaxe, guías de turismo, técnicos de turismo, persoal de oficinas de turismo e consultores, entre outros) porán en común apreciacións, destacando os puntos fortes e tamén aqueles aspectos a mellorar.

Até maio seguiranse realizando estas viaxes de familiarización en 10 tramos das 10 rutas que compoñen o Camiño de Santiago. Nestas viaxes participarán profesionais do turismo de Galicia que coñecerán in situ o produto estrela da comunidade e analizarán o estado do trazado e dos recursos e servizos en cada unha das rutas no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia.

LER MÁIS

Participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur
13858
13-1-2020

Participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur

Un ano máis esta entidade xestionará o espazo de negocios dentro da caseta de Galicia na Feira Internacional de Turismo, a primeira gran cita do ano para o sector turístico

O mércores o CTG fará tamén unha presentación de balance e perspectivas turísticas para este 2020

O Clúster de Turismo xestionará un ano máis o espazo de negocios da caseta que Galicia manterá na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que terá lugar en Madrid, do 22 ao 26 de xaneiro. Dentro do espazo xestionado pola Xunta de Galica porase a disposición dos profesionais do sector turístico galego 12 mesas nas que poderán manter reunións con operadores turísticos, previa solicitude.

Neste sentido, habilitouse a conta de correo electrónico fitur@clusterturismogalicia.com para que poidan solicitar reservas de hora para as mesas, indicando a súa empresa e o operador co que se van a reunir. Establecemos franxas de 30 minutos para cada reunión. Ademais, na propia feira, os profesionais terán á súa disposición a dúas persoas que se encargarán da xestión destas citas e o control das mesas.

Presentación do CTG

Ademais de manter unha serie de encontros con entidades, autoridades e profesionais do sector turístico, o Clúster Turismo de Galicia será tamén protagonista dunha das presentacións que se desenvolverán na caseta de Galicia. A presentación do CTG, que se realizará o mércores 22 levará por título “Impulso ao sector turístico en 2019 e perspectivas de futuro”.

LER MÁIS

A Apehl celebra en febreiro o seu congreso "E para comer, Lugo no Camiño"
13845
10-1-2020

A Apehl celebra en febreiro o seu congreso “E para comer, Lugo no Camiño”

Dentro da iniciativa O Teu Xacobeo, impulsada desde a Xunta de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) pon en marcha o Congreso …E para comer, Lugo no Camiño, que se centrará na cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. O encontro terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o próximo 8 de febreiro

O programa contará con actividades como demostración e degustación de cafés: O café, a enerxía do Peregrino, a cargo de José Manuel Portela, de Candelas, un relatorio a cargo David de Jorge, de Robin Food, taller de catas de viño, impartido por Xoan Cannas do Instituto Galego do Viño así como demostracións e elaboracións de receitas do Camiño a 8 mans, a cargo de cociñeiros lucenses dos distintos Camiños ou unha mesa debate sobre a cultura gastronómica no Camiño de Santiago e a súa influencia no turismo. En paralelo á celebración do Congreso realizarase un obradoiro de cociña para nenos.

Como introdución ao Congreso, terán lugar as Xornadas E para comer, Lugo no Camiño nas que todos os establecementos asociados que queiran poderán realizar pratos, tapas e racións con receitas tradicionais da nosa gastronomía relacionadas co Camiño, como bertóns recheos, caldo galego, sopa de cabaza, caldo de castañas, empanadas, polbo, lamprea, lacón con grelos, filloas.. Recibirán o nome específico de Menú E para comer, Lugo no Camiño, Tapa E para comer, Lugo no Camiño ou Ración E para comer, Lugo no Camiño.

Para máis información contacta coa Asociación no 982 22 69 12..

LER MÁIS

Máis de 500 empresas turísticas galegas participaron nalgunha das accións impulsadas polo Clúster Turismo de Galicia ao longo de 2019
13797
23-12-2019

Máis de 500 empresas turísticas galegas participaron nalgunha das accións impulsadas polo Clúster Turismo de Galicia ao longo de 2019

Ao longo deste ano o CTG impulsou 9 workshops e participou en máis de 1500 reunións, ademais de ter presenza directa en dez feiras nacionais e internacionais

Este ano tamén foi o da primeira edición dos Premios Galicia de Turismo

Máis de medio milleiro de empresas turísticas galegos participaron ao longo de 2019 nalgunha das accións postas en marcha polo Clúster Turismo de Galicia que ao longo destes doce meses estivo presente en máis de 1600 reunións de diferente índole. Estas son só algunhas das cifras que arroxa o balance anual que fai o Clúster Turismo de Galicia (CTG) deste ano de traballo na consolidación dun sector turístico galego moderno, rendible, profesional e de calidade, tal e como establecen os seus principios de actuación.

?O noso obxectivo durante este ano seguiu sendo traballar para que o sector turístico conte con novas xanelas de promoción, axudándoo a competir no mercado global e promovendo accións que melloren a creación, comercialización e promoción de produtos turísticos diferenciados que nos axude a construír un destino turístico de excelencia?, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que destacou o esforzo dos empresarios en participar nas accións que se lle propuxeron ao longo deste ano.

Accións propias e participación en feiras
Durante este 2019 o CTG estivo presente nun total de 10 feiras profesionais de carácter nacional e internacional: FITUR, FAIRWAY, TUREXPO, INTUR, IBTM, ITB, WTM, TTG Rímini, HASTA ou o Festival Intercéltico de Lorient, en moitas da cales contou cun espazo de promoción propio mentres que noutros compartiu espazo con outras entidades e administracións, coas que se mantivo a colaboración público-privada que sempre caracterizou as accións do Clúster desde a súa creación.

Durante este tempo o CTG impulsou, ademais, a celebración de 9 workshops, duplicando a aposta con respecto a edicións pasadas. Os destinos elixidos este ano foron Málaga, Sevilla, Lisboa, Glasgow, Madrid, Santiago, A Coruña, O Porto e Bilbao, nos que se presentou a oferta turística no seu conxunto ou de forma segmentada, agrupada por temática (MICE, destino activo ou enoturismo), sen esquecer a celebración de dúas viaxes de familiarización, un orientado ao sector de congresos e incentivos e outro á turoperación brasileira. En canto ao número de asistentes que participaron nas diversas accións do Clúster podemos destacar que un total de 44 empresas tomaron parte nos workshops nacionais e 52 empresas nos internacionais mentres que 80 asociados ao CTG estiveron implicados nos diferentes proxectos impulsados polo Clúster durante este 2019.

Xornadas e misións comerciais
Ademais da recente xornada sobre sustentabilidad, celebrada leste mesmo mes de decembro, na que participaron máis dun centenar de profesionais, os responsables do Clúster participaron en diversas xornadas, encontros e presentacións, tanto en Galicia como en Portugal (Braga) ou en misións como as de Nova York-Miami impulsadas pola Xunta.

Finalmente, no balance anual do Clúster Turismo de Galicia cabe destacar a celebración da primeira edición dos Premios Galicia de Turismo nunha gala á que asistiron máis de 500 persoas así como o impulso dun turismo de calidade a través da renovación ou nova certificación de empresas baixo os selos de Q de Calidade, que obtiveron 23 novos establecementos, sumando un total de 291 empresas na nosa comunidade.

LER MÁIS

Un cento de profesionais do sector turístico amplían coñecementos sobre sustentabilidade en destino
13788
19-12-2019

Un cento de profesionais do sector turístico amplían coñecementos sobre sustentabilidade en destino

A través de experiencias noutros destinos tanto en Galicia como en Estremadura, Benidorm ou Lanzarote, os profesionais do sector tomaron conciencia do peso da sustentabilidade como factor transversal imprescindible para un sector de futuro

A xornada “Principios de sustentabilidade para un novo turismo” celebrouse na Illa de Arousa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra

Co obxectivo de fortalecer as línes de traballo do sector turístico encamiñados ao fomento da sustentabilidade como eixo transversal no desenvolvemento do sector turístico galego e coñecer ferramentas e experiencias de éxito na implantación de prácticas de turismo sustentable, a Illa de Arousa acolleu esta mañá a xornada formativa de caráter gratuíto “Principios de sustentabilidade para un novo Turismo”, organizada polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A experiencia de Paradores ou dos faros como usos hostaleiros, a conservación de recursos naturais, a sensibilización ambiental ou o desenvolvemento de accións recollidas na axenda 2030 en materia de sustentabilidade foron algúns dos aspectos que se abordaron nas xornadas, na que os participantes puideron coñecer casos de éxito en destinos como Estremadura, Lanzarote ou Benidorm.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañadas polo presidente do Clúster Tursimo de Galicia, Cesáreo Pardal e o alcalde da Illa de Arousa, Carlos Igrexas, foron os encargados de abrir as xornadas, nas que participaron un centenar de profesionais e estudantes do sector turístico galego.

Sustentabilidade, eixo transversal
“Apostamos polo desenvolvemento de produtos turísticos aliñados cos principios da sustentabilidade, nacidos da convicción de que os recursos turísticos que temos a sorte de gozar en Galicia son únicos, e temos o deber de preservalos para xeracións futuras”, destacou na súa intervención o presidente do CTG, Cesáreo Pardal, que fixo especial fincapé en en facer deste principio da sustentabilidade eixo transversal de todas as accións de promoción, desenvolvemento e implantación de produtos turísticos de calidade, modernos e diferenciados. Un principio que tamén destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro: “a sustentabilidade é un dos alicerces da Estratexia do Turismo dd Galicia 2020, orientada ao desenvolvemento de produtos turísticos de baixo impacto que nos permitan a conservación dos nosos recursos”.

Pola súa banda da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén destacou, que “defendemos un modelo sustentable, non masificado e ligado á alta capacidade económica para favorecer o noso desenvolvemento. A sosteniblidad está ligada á inteligentcia humana, e é o mellor que temos en Pontevedra, a nosa xente”, destacou.

Sen turismo sustentable, non haberá turismo
A xornada incluíu un total de catro relatorios e unha mesa redonda, dedicada a coñecer experiencias de éxito noutros destinos. O xefe de área de turismo sustentable, Ricardo Branco, da secretaría de Estado para o Turismo dedicou a súa intervención a destacar as ferramentas, clubs de produto e iniciativas que o Estado pon a disposición de entidades, administracións públicas e empresas para a implantación do turismo sustentable, que fai referencia non a un produto se non á forma de xestionalo. “Axudamos configurar correctamente un produto turístico que poida ser comercializado baixo a marca España fóra das nosas fronteiras sempre baixo a óptica dos principios de desenvolvemento sustentable recollidos na Axenda 2030. Porque se non facemos turismo sustentable, non haberá turismo”.

A rede de Paradores como exemplo de recuperación e posta en valor do patrimonio, xerador de riqueza e de fixación de poboación en zonas rurais ou o uso dos faros como aloxamentos turísticos diferenciados a través do exemplo dos faros xestionados pola autoridade portuaria de Vilagarcía ou o caso do Semáforo de Fisterre completaron as intervencións nunha xornada que se pechou cunha mesa de debate sobre experiencias de turismo sustenble moderada polo experto en turismo e xestión de destinos, Pablo Cameselle.

Así, na mesa de debate abordouse a xestión de recursos naturais co exemplo do Destino Turístico Intelixente de Benidorm; a sustentabilidad fronte ao despoboamento, que estivo a cargo do presidente do Clúster de Turismo de Estremadura, Jesús Viñuales, e os retos de manter o equilibrio entre a promoción e a sostenbilidad dun destino tan sensible como Lanzarote, que foi abordada polo conselleiro delegado de Turismo de Lanzarote, Héctor Fernández.

LER MÁIS

DESTACADOS
TwitterFacebookLinkedinYoutube