Aberto prazo para participar na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo

ganador TapasLugo 2018

Aberto prazo para participar na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) xa ten en marcha a organización da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo, patrocinado polo Concello de Lugo, que terá lugar no mes de setembro. Neste sentido, o prazo de inscrición para participar xa está aberto e finaliza o vindeiro martes 16 de xullo.
Poden concursar todos os establecementos de hostalaría do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
Para facer efectiva esta inscrición deben presentar a documentación requirida -ficha de inscrición, fotocopia do ingreso dá cota de inscrición, ficha técnica da tapa e fotografía da tapa- nas oficinas da Asociación, na rúa Ramón Montenegro 15, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través do correo electrónico comunicacion@apehl.org. Para máis información poden chamar ao teléfono da Apehl 982 226 912.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn