Aberto prazo para participar na misión comercial á ITB Berlín

ITB-Berlin mision comercial

Aberto prazo para participar na misión comercial á ITB Berlín

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín, que terá lugar do 7 ao 11 de marzo de 2018. A misión desenvolverase do 6 ao 9 de marzo, con saída e chegada ao aeroporto de Vigo e incluíndo unha maleta a facturar. Inclúe transporte en autocar desde o aeroporto ao hotel e viceversa e aloxamento en réxime de aloxamento e almorzo no o hotel Holiday Inn Berlin Alexanderplatz de 4 estrelas. Ademais, no marco da misión comercial, organizaranse dúas ceas networking.
A misión estará composta por un máximo de 25 prazas, cun importe a abonar por persoa de 624,80 euros en concepto dos servizos de internacionalización. As solicitudes, ademais, terán unha prioridade determinada polo grupo ao que pertenza a empresa solicitante (axencias de viaxes, aloxamentos, outros colectivos…). Así mesmo, disporán dun servizo de xestión de axenda de reunións con operadores de turismo de Alemaña, co obxectivo de incrementar o éxito da misión comercial, proporcionándolles unha primeira toma de contacto con empresas que poidan comercializar os seus produtos e servizos no mercado alemán.
Para poder preparar esta misión, é necesario que aqueles que desexen participar envíennos un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a prereserva. O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 2 de febreiro.
Será requisito imprescindible para os asistentes o presentar un certificado do secretario da asociación á que pertenza na que faga constar a pertenza do mesmo á asociación, indicando o nome da empresa.

Toda aquela persoa que confirme a súa asistencia e non asista, deberá abonar o importe total da viaxe que ascende a 1.136 euros, salvo que por causa xustificada contemplada no seguro de cancelación poida ser cuberto por este, a condición de que sexa efectivamente devolto pola compañía.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn