Aberto prazo para inscribirse na próxima misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres

ACTIVIDADES
mision comercial WTM 17

Aberto prazo para inscribirse na próxima misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 6 ao 8 de novembro de 2017. Para ese efecto xa está aberto o prazo para solicitar a inscrición na misión comercial que o Clúster Turismo de Galicia desprazará a Londres. A misión comercial desenvolverase entre o domingo 5 de novembro e o mércores, 8 de novembro, con saída e chegada ao aeroporto da Coruña. Ademais do aloxamento e os traslados entre o hotel e a feira, a misión inclúe un servizo de xestión de axenda de reunións con operadores de turismo do Reino Unido e dúas ceas networking.
O prazo máximo para a solicitude de participación na feira é o 8 de setembro, e para iso os interesados deberán enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a prereserva.
O número máximo de participantes é de 30 persoas e as correspondentes inscripicones confirmaranse ao finalizar o prazo de inscrición.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn