Aberto o prazo para participar na misión comercial á ITB Berlin

ACTIVIDADES
ITB Berlin

Aberto o prazo para participar na misión comercial á ITB Berlin

Pechada a primeira das grandes citas feiras do ano, o Clúster Turismo de Galicia áchase inmerso na preparación da misión comercial á Feira Internacional de Turismo ITB Berlín, que se celebrará na cidade alemá do 8 ao 12 de marzo. A misión, que se desenvolverá do 7 ao 10 de marzo, está destinada a seguir incrementando os contactos no mercado alemán para o que se porá en marcha un servizo de xestión de axenda de reunións con tour operadores alemáns, proporcionándolles unha primeira toma de contacto con empresas que poidan comercializar os seus produtos e servizos no mercado alemán.

O prazo máximo para inscribirse na misión é o próximo 3 de febreiro e o número de prazas totais é de 25, realizándose a inscrición por orde cronolóxica de solicitude. Aqueles que desexen participar deberán enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a prereserva.
Será requisito imprescindible para os asistentes presentar un certificado do secretario da asociación á que pertenza na que faga constar a pertenza do mesmo á asociación, indicando o nome da empresa.

ITB Speed Networking

Ademais, no marco desta feira celébrase tamén a terceira edición do “ITB Speed Networking”, evento no que compradores do club exclusivo ITB Buyers Circle e expositores poden establecer novos contactos comerciais. A novidade este ano é a plataforma na que expositores e compradores poden concertar as citas de antemán. Os expositores sen citas previas, non poderán participar no evento. O Speed Networking terá lugar o día 9 de marzo de 2017 no CityCube Berlin, Level B (situado preto do pavillón de España, que é o Hall 2.1), entre as 9:30 e as 11:00 horas. Trátase dun formato workshop con citas moi curtas de 8 min. Para realizar a inscrición, é necesario que aqueles que desexen participar envíennos un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos de contacto (nome, apelidos, teléfono e correo electrónico). O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 8 de febreiro ás 14:00 horas. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de solicitude.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn