Aberto o prazo para inscribirse na Feira TTG de Turismo de Rímini prevista para outubro

Rimini Italia

Aberto o prazo para inscribirse na Feira TTG de Turismo de Rímini prevista para outubro

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o IGAPE, en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia, organizan unha acción comercial á Feira TTG de Turismo de Rímini (Italia), prevista entre o 8 e o 12 de outubro de 2019. Esta acción contará cunha subvención de até o 90% do importe dos gastos subvencionables, o que supón un custo real para a empresa (sen IVE) de 152,50 euros. Para a realización desta acción comercial a empresa debe asumir o custo da viaxe e recibirá a axuda con posterioridade, previa formalización da solicitude e confirmación de praza.

Para participar é necesario contar cun plan de internacionalización do IGAPE (procedemento IG249.2019). A data límite para a inscrición é o 17 de xullo de 2019. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de chegada de inscrición e pago.

A tramitación da praza farase a través da Cámara de Santiago de Compostela, á que se lle deberá remitir a solicitude de participación na acción, que se obterá despois de cubrir un formulario descritivo a través da aplicación establecida na seguinte ligazón http://www.tramita.igape.es. (se tivesen algún problema para descargar a ficha de inscrición, por favor contacten con igapex@igape.es), a copia da acreditación da representación legal (escritura de constitución da sociedade ou escritura de poder), copia de certificados de estar ao corrente coa AEAT, TGSS e Facenda, xustificante de pago por importe da opción elixida: 1.525 ?. + 21% IVE = 1.846 ? ao número de conta ABANCA É 37-2080-0300-80-3040113939 facendo constar no xustificante o nome da acción: FEIRA TTG RIMINI

Para máis información, poden porse en contacto coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela a través do teléfono 981 59 68 00 ou o correo electrónico fpsoba@camaracompostela.com.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn