Aberto o prazo de inscrición do II Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes

congreso destinos turísticos

Aberto o prazo de inscrición do II Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes

O II Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes celebrarase en Oviedo do 25 ao 27 de xuño, organizado pola Organización Mundial de Turismo (OMT), o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital e o Goberno do Principado de Asturias, un encontro que virará ao redor dos novos modelos turísticos do século XXI, baseados nos principios de gobernación, innovación, tecnoloxía, sustentabilidade e accesibilidade. O prazo para participar no Congreso xa está aberto, tanto como profesional asistente como para aquelas empresas que desexen presentar os seus produtos e servizos máis disruptivos vinculados aos destinos turísticos intelixentes ou para aqueles investigadores que desexen presentar relatorios vinculados ás temáticas propostas para esta edición do congreso. Tanto para empresas como para investigadores o prazo de presentación de propostas termina o próximo 30 de abril.

Durante o II Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes, que se celebra por segundo ano consecutivo, expertos de todo o mundo debaterán sobre as oportunidades e desafíos do sector turístico e dos destinos. Estas oportunidades xorden do desenvolvemento, implementación e xestión de produtos e servizos innovadores baseados en novas solucións tecnolóxicas. É por iso que o Congreso reserva un espazo protagonista para emprendedores e startups como xeradores de innovación turística. No caso dos traballos de investigación que se vaian a presentar, deberán estar vinculados con catro temáticas: a xestión de destinos baseada en datos, novas solucións tecnolóxicas para medir os obxectivos do turismo sustentable, a vinculación da economía circular e o turismo; e a importancia da accesibilidade nos destinos turísticos intelixentes.

O Congreso contará con relatorios maxistrais e mesas redondas nas que se debaterá sobre as oportunidades e desafíos para o turismo derivados das tendencias dixitais máis relevantes como Big Data, Intelixencia Artificial e Aprendizaxe Automática, Internet das Cousas, Location Intelligence, Cloud Computing, Blockchain e Virtual & Augmented Reality.
A transformación dixital dentro dos destinos, as solucións tecnolóxicas para medir o impacto do turismo, a gobernación nos destinos turísticos intelixentes, a importancia das novas tecnoloxías no desenvolvemento sustentable, así como o papel das plataformas abertas e a xestión de datos para mellorar a competitividade dos destinos turísticos, figuran entre os demais temas a tratar.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn