Aberta a convocatoria anual de axudas para a consecución ou renovación da Q de Calidade

RECURSOS
QdeCalidad

Aberta a convocatoria anual de axudas para a consecución ou renovación da Q de Calidade

Concedidas en réxime de concorrencia competitiva, a partida volve estar dotada con 90.000 euros

Turismo de Galicia anunciou a convocatoria da liña de subvencións anual para o impulso, promoción e apoio ás iniciativas de calidade necesarias para cumprir os esixentes estándares fixados polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para a obtención ou renovación da Q de Calidade Turística, dotados cun prespuesto de 90.000 euros para este ano.

Os conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación como os custos de auditorías externas realizados por entidades auditoras acreditadas polo ICTE ou custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2016, unha vez conseguida a certificación ou renovación do establecemento.

As subvencións concederanse en réxime de concorrencia competitiva sendo os criterios de valoración: a localización do establecemento, valorándose positivamente que estea situado nun municipio declarado de interese turístico ou nun municipio que desfruta ou desfrutou dun plan de dinamización, excelencia, de produto turístico, competitividade ou SICTED; o período de funcionamento do establecemento e o compromiso do establecemento coa calidade, coa sustentabilidade e/ou coa xestión da accesibilidade.

En 2015, un total de 170 negocios e centros de hostalaría, restauración e lecer do territorio galego obtiveron estas axudas da Administración Turística galega para a obtención ou mantemento da certificación Q de Calidade Turística.

Consulta as bases da convocatoria

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn