A xornada #Obxectivo5millóns contará cunha das consultoras internacionais de comercialización de destino máis destacadas, Mady Keup

ACTIVIDADES
madykeup

A xornada #Obxectivo5millóns contará cunha das consultoras internacionais de comercialización de destino máis destacadas, Mady Keup

Co obxectivo de profundar nas novas estratexias de comercializción dos destintos turísticos, a segunda edición do Encontro Clúster Turismo de Galicia conta coa presenza da prestixiosa consultora, conferenciante e formadora Mady Keup, especializada en xestión de eventos de negocio e de mercadotecnia internacional. A súa experiencia de máis de 12 anos coa Autoridade Británica de Turismo (agora VisitBritain) en postos de dirección en Londres, Madrid, Lisboa e Berlín xunto co seu traballo como Xefe da Oficina da Convención de Londres (London & Partners agora) durante 5 anos e presidente da Asociación Británica de Conferencia destino (BACD) en 2002-2003 acredítana como unha das máximas figuras internacionais no que se refire a destinos turísticos, mercadotecnia e promoción internacional.

Toda esta traxectoria profesional serviulle para ofrecer os seus coñecementos nas tarefas de consultoría e formación nas que agora está máis envorcada, desde a SKEMA Business School, unha das escolas francesas máis importantes. A súa participación na Xornada 5 millóns de comercialización permitiranos coñecer a súa opinión respecto da comercialización do destino Galicia e recoller os seus consellos sobre branding e xestión de destinos, así como uso das novas tecnoloxías, entre outros aspectos.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn