44 establecementos lucenses compiten na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo

ACTIVIDADES
concurso tapas lugo cartel

44 establecementos lucenses compiten na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo

Organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio do Concello de Lugo, o Concurso de Tapas de Lugo chega á súa 12ª edición coa participación dun total de 44 establecementos que se disputarán o recoñecemento de alzarse co premio á mellor tapa de provincia, que tamén dá dereito a disputar a final do concurso galego De Tapas por Galicia.
Até o 25 de setembro, en horario de 13.00 a 15.30 horas e de 20.00 a 22.30 horas, os clientes poderán elixan a tapa gañadora mediante os seus votos, e tamén se designará por votación popular o premio á mellor tapa ecolóxica NaturaLugo.
Os 12 locais máis votados polo público pasarán a unha final na que un xurado profesional outorgará un primeiro, un segundo e uns terceiro premios e as distincións ás mellores maridaxes con Estrela Galicia e Ribeira Sacra, respectivamente. Ademais, sortearanse varios premios entre os consumidores que proben as tapas, cun prezo entre 1 e 3 euros, e valórenas co cupón de votación. Aqueles que selen as 44 casas do pasaporte entrarán no sorteo dunha viaxe dunha semana para dúas persoas. Os que selen, como mínimo, 22 ocos entrarán no sorteo dunha fin de semana a unha cidade europea para dúas persoas.
Concurso solidario
Por cuarto ano consecutivo, a Apehl e o Consello Regulador da DO Ribeira Sacra impulsan unha campaña de recollida de fondos para o Banco de Alimentos de Lugo. Para tal fin, en cada local participante haberá unha hucha na que os clientes poderán depositar a súa doazón.

Bótalle unha ollada aos locais participantes e tapas a concurso

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn