2019 comeza en Galicia coa mellor ocupación en 11 anos

ortigueira-vistas-centro-1600x750

2019 comeza en Galicia coa mellor ocupación en 11 anos

A demanda hostaleira en Galicia experimentou un crecemento próximo aos dous puntos no pasado mes de xaneiro, cando se rexistrou “o nivel de ocupación máis elevado do últimos once anos”, segundo indicou a Xunta de Galicia a partir dos datos extraídos do INE. Estes datos sérvenlles ao goberno autonómico para destacar o avance na desestacionalización que se produciu nos últimos tempos, consolidando o atractivo de Galicia fóra da tempada alta.

“A demanda turística creceu por encima da media española no primeiro mes ata superar as 300.000 noites”, valorou a Consellería de Cultura e Turismo. Ao seu xuízo, “son os mellores valores da década en xaneiro e dan continuidade aos crecementos rexistrados en novembro e decembro, reforzando deste xeito o bo comportamento da demanda en tempada baixa”.

Destaca, ademais, o bo comportamento dos viaxeiros, que se incrementaron en xaneiro en 1,7% fronte á caída nacional de 1,4%, o que permitiu pechar un mes de xaneiro en positivo, seguindo coa liña de crecemento que marcaron o últimos catro anos. Segundo estes datos, mellorouse tanto no mercado interno como no internacional, cun crecemento do 5,3% de viaxes dos propios galegos, que marcaron un record en pernoitas, 124 mil, a cifra máis alta da última década.

En canto aos viaxeiros internacionais, Galicia afiánzase como destino cada vez máis internacional cun crecemento do 6,2 %”, representando case o 20 % da totalidade dos viaxeiros que chegaron, un máximo histórico”. De maneira paralela, as tarifas hostaleiras creceron en xaneiro un 2,3%, circunstancia que leva aos establecementos para mellorar os seus niveis de rendibilidade un 3% (medido a través do RevPAR, o ingreso medio por habitación dispoñible), a cifra máis elevada da década.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn