200 entidades solicitaron a liña de axudas da Xunta para a organización de congresos con motivo do Xacobeo 21

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, manten un encontro con representantes galegos e internacionais do sector MICE.

200 entidades solicitaron a liña de axudas da Xunta para a organización de congresos con motivo do Xacobeo 21

A convocatoria está dotada con 500.000 euros e ten como obxectivo potenciar a actividade congresual en Galicia pola súa capacidade desestacionalizadora e de alto valor engadido

Preto de 200 organizacións presentaron as súas solicitudes á nova liña de axudas posta en marcha pola Xunta de Galicia para impulsar o turismo de encontros e eventos na nosa Comunidade. Trátase dunha convocatoria dotada con 500.000 euros que ten como obxectivo potenciar con motivo do Xacobeo 21 a actividade congresual, un ámbito especialmente importante no modelo turístico galego pola súa capacidade desestacionalizadora e por fomentar un turismo de alto valor engadido.

As entidades beneficiarias desta liña de axudas, cuxo prazo de solicitude pechei a semana pasada, poderán recibir entre 2.500 euros e 25.000 euros en función de criterios como o tipo de evento, o número de asistentes, o mes de celebración, o seu ámbito xeográfico ou a existencia de actividades complementarias. “A finalidade é incentivar máis aqueles congresos que se realicen nos meses de tempada baixa e que nos axuden a seguir avanzando no noso obxectivo de potenciar Galicia como destino neste segmento”, subliñou o titular da Consellería de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que avanzou esta cifra na súa visita aos hosted buyers que participaron na viaxe de familiarización promovido por Galicia MICE.

Esta aposta enmárcase no compromiso da Xunta por impulsar este sector, materializado en accións como o proxecto Galicia MICE, impulsado polo Clúster de Turismo co apoio do Goberno autonómico para fomentar o turismo de reunións, incentivos, congresos e eventos. Unha inciativa no marco da cal se está apostando polo desenvolvemento deste segmento turístico, “un recurso de gran importancia, e que ten no Xacobeo 21 unha oportunidade estratéxica de crecemento”, explicou o titular de Cultura e Turismo.

Ademais da súa capacidade para descentralizar e desestacionalizar a oferta turística, estímase que este sector move preto de 60 millóns de euros cada ano, xerados a través de máis de mil eventos de diferentes tamaños. Segundo datos da Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos (OPC Galicia), estes turistas realizan un gasto medio de 250 euros diarios. Como destacou o conselleiro, estas cifras, sumadas ao feito de que son visitantes susceptibles de repetir a súa viaxe fose do ámbito laboral, fan que sexa un perfil de turista de especial interese para destinos como as diferentes cidades galegas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn