120 distinguidos Gallaecia no concurso de viños con máis participación de Galicia

Fotos Que Pasa na Costa

120 distinguidos Gallaecia no concurso de viños con máis participación de Galicia

O certame reuniu 600 viños e destilados de todas as denominacións de orixe de Galicia

Un panel de cata composto por membros da Asociación de Sumilleres de Gallaecia e técnicos dos consellos reguladores das denominacións de orixe galegas foron os encargados de determinar os 120 viños que finalmente obtiveron o premio Gallaecia, outorgado por esta asociación de profesionais do total de 600 viños que se presentaron ao concurso. Nesta edición, a Cata Final celebrouse por vez primeira na Costa da Morte, en concreto no Edificio Bitácora de Ézaro. Recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente como concurso oficial, o certame impulsado por esta asociación integrada por máis dun centenar de sumillers do catro provincias galegas leva en funcionamento desde hai 18 anos, o que lle permitiu consolidarse no calendario de concursos de viños.

Viños distinguidos

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn