Formación turística para o sector turístico da comarca de Ferrolterra en outubro e novembro

RECURSOS
1

Formación turística para o sector turístico da comarca de Ferrolterra en outubro e novembro

Ao longo de seis xornadas, profesionais e empresarios do sector abordarán aspectos como a comunicación da marca, o blog da empresa, viceomarketing ou iniciación ás redes sociais para empresas

No marco do foro “Ferrol Turismo Marketing”, o concello de Ferrol desenvolve unhas xornadas de formación que se desenvolverán en outubro e novembro, dirixidas a profesionais e empresarios en activo dos sectores de Turismo e do Comercio. Trátase de seis xornadas nas que se formarán a grupos pequenos, dun máximo de 25 personas, en aspectos de interese para o sector como o xeomarketing on line, que foi o tema arredor do que xirou a primeira das xornadas de formación.

O próximo taller que terá lugar será o de ”Estratexia e creatividade para unha comunicación de marca diferencial e eficaz”, o 30 e 31 de outubro,de 16:00 a 21:00 o venres, e o sábado, de 9:00 a 14:00 horas. Esta xornada estará a cargo de Gema Garrido e Juan Boronat, socios na empresa The Kreative Room, que ten como obxectivo traducir os valores de marca á linguaxe de comunicación racional e emocional e adaptalos a todos os formatos (offline e online). Este taller formativo presentará un modelo integrado de traballo no que a estratexia e a cretividade son os pilares básicos na creación dunha comunicación de marca diferencial e eficaz. Na segunda parte do obradoiro, os asistentes aplicarán de forma activa os coñecementos adquiridos no módelo 1. Deste xeito, plantearán e desenvolverán unha campaña de comunicación sobre un produto ficticio, aplicando cada unha das fases aprendidas. Por último, darán forma a unha acción de comunicación para as slúas propias empresas, supervisados polos responsables do taller.

O foro continuará en novembro cos seguintes obradoiros:

-”Crear, compartir, vender: o blog de empresa”, o 6 e o 7 de novembro, de 17:00 a 21:00 o venres, e de 10:00 a 14:00 o sábado.

-”Videomarketing para a empresa turística”, o 13 de novembro, de 10:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:30 horas.

-”Lean Startup para negocios” e “Plan de comunicación emocional”, os días 20 e 21 de novembro; o venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e o sábasdo de 10:00 a 14:00.

-”Iniciación á estratexia en redes sociais”, o 27 de novembro, de 17:00 a 21:00 horas.

As actividades formativas terán lugar no hotel Carrís Almirante e están dirixidas a participantes provintes das Rías Altas-Ferrolterra, que poderán aplicar os coñecementos adquiridos na mellora do tecido empresarial do territorio e da experiencia do turista. Os interesados pódense anotar no correo electrónico turismo@ferrol.es.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn
ACTUALIDAD
20-11-2018

El Conselleiro de Cultura y Turismo se compromete con el desarrollo de los geodestinos dentro de la Estrategia Turismo de Galicia 2020

20-11-2018

Pliego de condiciones que regirán la contratación de un servicio de “Asistencia Técnica para la organización de una misión comercial a la Feria internacional ITB Berlin 2019” con la colaboración de la Xunta de Galicia - Axencia Turismo de Galicia

19-11-2018

El Clúster Turismo de Galicia cierra sus Workshop de Destino de Proximidad con una jornada de trabajo en Porto

19-11-2018

Pliego de condiciones que regirán la contratación de un servicio de “Asistencia técnica para la organización de una misión comercial a la Feria internacional Fitur Madrid 2019” con la colaboración de la Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia.