ExpoCoruña acolle o foro bianual da Asociación Gallega de Diseñadores

ExpoCoruña acolle o foro bianual da Asociación Gallega de Diseñadores

Reflexión, debate, aprendizaxe mutua, esta fin de semana o recinto ferial ExpoCoruña acolle FEED 2015, organizado pola Asociación Gallega de Diseñadores (DAG), un encuentro bianual dirigido a profesionais do deseño que lles permitirá compartir experiencias, propiciar o debate sobre a profesión e satisfacer as demandas de formación.

Da man de profesionais do sector e estudiosos do deseño de recoñecido prestixio internacional e nacional, o programa inclúe formación en disciplinas como o motion graphics, o deseño de interacción ou o infografismo, para analizar ata qué punto seguen sendo variantes doutros campos maiores, como o deseño gráfico ou o deseño web ou se xa acadaron a súa propia linguaxe conceptual.

No foro tamén se abordarán outros aspectos como o design thinking, ¿unha burbulla máis ou é o deseño un axente de de organización nos niveles estratéxicos das empresas e das institucións. Trátase, en definitiva, de anticipar qué neoloxismos desaparecerán en poucos anos e cales están chamados a quedar, ao tempo que se fará unha análise da evolución do deseño e da tecnologxa para intuir ata qué punto a fabricación dixital provocarán unha reformulación da estética de las imáxes e dos obxectos.