Xornalistas especializados en viaxes de natureza percorren O Camiño dos Faros

Xornalistas especializados en viaxes de natureza percorren O Camiño dos Faros

Dous xornalistas holandeses da revista On Pad, especializada en sendeirismo e viaxes de natureza visitan Galicia ata o 14 de xuño nunha viaxe de familiarización promovida por Turismo de Galicia que lles permitirá percorrer varias etapas do Camiño dos Faros, na Costa da Morte. Así, os xornalistas holandeses, unha redactora e un fotógrafo percorrerán oito etapas deste camiño, entre Malpica de Bergantiños e Fisterra, en total case 200 kilómetros que lles servirán para elaborar un traballo xornalístico que se publicará na revista On Pad, referente do sendeirismo en Holanda, dende 1983, sendo a revista de cabeceira para moitos amantes do aire libre.

A viaxe enmárcase dentro no plan de promoción internacional polo que está a apostar Turismo de Galicia para este 2015. A través destes de familiarización e de prensa preséntase a axentes, turoperadores e xornalistas internacionais os diferentes destinos galegos.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn