Visitas guiadas y teatralizadas para dinamizar turísticamente a o Castelo de Monterrei

Visitas guiadas y teatralizadas para dinamizar turísticamente a o Castelo de Monterrei

Co obxectivo de revitalizar a contorna da fortaleza de Monterrei, Turismo de Galicia ven de poñer en marcha un programa de actividades que, baixo o título de Vive o Castelo! Se desenvolverá ata o vindeiro 20 de agosto. Un programa que se pon en marcha tamén coincidindo co remate das obras de rehabilitación do castelo, que permitirá garantir a súa preservación como ben cultural e o seu uso público.

A programación cultural e e lúdica que se xa se desenvolve componse de actividades para que toda a familia poida gozar desta acrópole entre as que destacan as nove visitas guiadas e teatralizadas que teñen lugar todos os xoves ata o 20 de agosto e que permitirán visitar tanto o conxunto histórico como os espazos exteriores. Tamén haberá actuacións musicais e circenses coa celebración da ‘Gala de circo no castelo’, que terá lugar este xoves e na que participarán tres compañías, un presentador e unha banda de música ao vivo nun espectáculo para todos os públicos. Luís Iglesias será o condutor desta gala na que participarán o ‘Mago Teto’, o ‘Circo Chosco’, a ‘Compañía dos sete magníficos’ máis un e un grupo de galopíns musicais coñecidos con nome de ‘Magnifique bande dos homes sen medo’.

Xa no mes de agosto, a música correrá a cargo de Emilio Rúa, Uxía e Narf o 6 de agosto e Guadi Galego e Guezos o 20. A programación tamén inclúe unha xornada máxica na que as persoas que visiten a fortaleza poderán descubrir os seus recantos a través dos contos e da música a través de ‘Castelo de contos’, que englobará as actuacións de ‘Os quisquilláns’ e ‘Daboapipa’, así como a do músico e actor Paco Nogueiras e que terá lugar o 13 de agosto.

Vive o Castelo’

Atalaia da historia de Galicia, o castelo dos condes de Monterrei foi escenario privilexiado polo que pasaron grandes persoeiros e no que aconteceron sucesos de gran relevancia para a sociedade e a cultura de cada tempo. A programación “Vive o Castelo” trata de revivir a brillantez desta singular corte condal, recreando a historia do castelo con visitas guiadas e teatralizadas, tentando comprender mellor o signi­ficado máis fondo do legado dos Ulloa, os Zúñiga, os Fonseca e os Alba, gozando dos seus espazos monumentais coa axuda da música, o teatro, a maxia e o circo.

Podes descargar o programa completo aquí

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn