Turismo de Galicia

Trátase da única proba de surf do calendario internacional que se desenvolve en España, do 1 ao 6 de setembro

Os areais de Ferrolterra, e a praia de Pantín en concreto, acollen esta semana a World Surf League, ‘Pantin Classic Galicia Pro’, unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional e o único evento de Surf Profesional Internacional que se celebra en España. A proba, que chega xa á 28ª edición é unha das poucas a este nivel que se celebran en Europa e a terceiro mais antiga a nivel internacional. Este ano, ademais, conta cunha cifra récord de inscricións, con 128 participantes na categoría masculina e 72 na categoría feminina, onde destaca a participación de primeiras figuras do surf feminino internacional xa que a proba galega, con seis estrelas, é puntuable para a WQL (World Surfing League) mentres que a probra masculina non ten o mesmo nivel.

A competición, na que colabora a Xunta de Galicia, está impulsada polo Club Praia de Pantín, repartirá un total de 90.000 dólares en premios. O gañador, tanto na categoría masculina como feminina, obterá un premio de 8,000 dólares. O certame contará ademais con numerosas actividades a pe de praia que contribúan a dar a coñecer este deporte para o que Galicia conta con excelentes condicións e enclaves.

Sunday August 30th, 2015

Pantín Classic Galicia Pro volve reunir en Galicia o mellor do surf feminino mundial

Trátase da única proba de surf do calendario internacional que se desenvolve en España, do 1 ao 6 de setembro Os areais de Ferrolterra, e a […]
Thursday June 18th, 2015

Encontro de operadores turísticos e xornalistas rusos coa oferta turística galega

No marco dunha viaxe de familiarización para fortalecer o coñecemento do destino Galicia nun mercado emerxente como é o ruso, un conxunto de 9 operadores turísticos […]
Tuesday June 16th, 2015

Turismo de Galicia reforza a promoción internacional do destino Galicia en Francia e Holanda

Turismo de Galicia participou en senllas feiras de carácter internacional que se celebraron en Francia e Holanda co obxectivo de achegar a oferta turística galega a […]
Monday May 25th, 2015

Las nuevas tecnologías llegan al REAT

Siguiendo con los objetivos establecidos en el plan Smart Turismo, impulsado por Turismo de Galicia y Amtega​ para la modernización y la competitividad del sector a […]