Axencia de Turismo de Galicia

A Ruta Xacobea tamén foi nomeada como Embaixador de Honra da Marca España, recoñecemento que se fará efectivo en novembro

O recoñecemento internacional acadado pola Ruta Xacobea e o seu indubidable valor patrimonial e cultural que é preciso manter e poñer en valor fixeron posible que o Goberno de España aprobara unha enmeda dos seus Presupostos Xerais para engadir unha partida de 1,5 millóns de euros que estarán destinados ao reforzo ao Plan Director Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021 co obxectivo de acadar unha mellor restauración e acondicionamento medioambiental dos Camiños de Santiago de cara ao vindeiro Xacobeo.

Con esta emenda financiarase a recuperación do patrimonio que comprende a área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago para actuar tanto nas infraestruturas que se atopan en torno ao Camiño como na intervención de interese cultural no propio Camiño. Esta partida súmase ás xa contempladas no proxecto de Lei para as provincias da Coruña e Lugo, así como á dotación xa prevista de 2 millóns de euros para o establecemento de pasos peonís e elementos para garantir a seguridade viaria nestas dúas provincias. Ademais, coa recente declaración dos Camiños Primitivo e do Norte como Patrimonio da Humanidade, tamén se inclúe dotación orzamentaria para un programa de intervención priorizado sobre monumentos declarados Patrimonio da Humanidade como son a Catedral de Mondoñedo, o Mosteiro de Sobrado dos Monxes e a Catedral de Lugo, xunto aos 32 bens de interese cultural (BIC) que se atopan nas tres rutas do Camiño declaradas Patrimonio da Humanidade. Así, no Camiño Francés actuarase sobre 7 elementos declarados BIC, 11 no Camiño Primitivo e 14 no Camiño do Norte, sen esquecer outros elementos significativos das rutas xacobeas.

Embaixador da Marca España

O Camiñode Santiago foi nomeado Embaixador Honarario da Marca España na categoría de Relacións Institucionais na sexta promoción destes recoñementos, que son outorgados por un prestixioso xurado integrado por numerosos representantes de empresas asociadas ao Foro de Marcas Renomeadas Españolas (FMRE), de diversas institucións da sociedade española, así como por altos representantes da Administración Pública española. Este xurado destacou da Ruta Xacobea o feito de converterse nunha icona de España coñecida e recoñecida internacionalmente e a gran popularidade do Camiño que atrae cada ano a miles de turistas e peregrinos de todo o mundo, os cales, a través do mesmo, se familiarizan e vinculan de por vida á cultura e á gastronomía españolas.

A cerimonia de entrega oficial destes recoñecementos terá lugar o vindeiro 12 de novembro en Madrid, no que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recollerá a distinción de mans dos Reis de España. Estas acreditacións aos Embaixadores Honorarios da Marca España concédense con carácter bienal, ao obxecto de ofrecer un recoñecemento público a aquelas persoas ou institucións españolas que ao longo da súa traxectoria profesional contribuíron e contribúen significativamente a reforzar a imaxe de España no mundo.

Friday August 28th, 2015

O Camiño de Santiago acada investimentos por valor de 1,5 millóns de euros para restauración e posta en valor do seu patrimonio

A Ruta Xacobea tamén foi nomeada como Embaixador de Honra da Marca España, recoñecemento que se fará efectivo en novembro O recoñecemento internacional acadado pola Ruta […]
Wednesday August 19th, 2015

Turismo de Galicia asume temporalmente a xestión do Monte do Gozo e anuncia un plan de recuperación

Porase en marcha un Plan de Usos para a mellora a accesibilidade e un Plan da Paisaxe para a posta en valor das vistas, roza e mellora […]
Monday August 17th, 2015

Ampliación e mellora da sinalización dos recursos turísticos no rural

Co obxectivo de dotar ao medio rural das infraestruturas e sinalización adecuada para convertir o rural galego nun destino turístico accesible, Turismo de Galicia ven de […]
Wednesday August 12th, 2015

Apoyo de Turismo de Galicia a la promoción turística de Arousa Norte

Con el objetivo de trabajar en la dinamización turística del territorio de Arousa Norte, trabajando conjuntamente en acciones de promoción del turismo cultural, accesibilidad e implantación […]