Implantación de novas tecnoloxías nas PEMES, nova xornada do CDTIC

Implantación de novas tecnoloxías nas PEMES, nova xornada do CDTIC

Co obxectivo de estimular a implantación de novas tecnoloxías en pemes e negocios rexidos por autónomos, a partir do coñecemento das experiencias vividas por outras empresas e entidades galegas, o Centro Demostrador de TIC CDTIC desenvolverá o vindeiro 18 de xuño unha nova sesión formativa baixo o título “Mellora o teu negocio a través das TIC. A experiencia de tres pemes galegas”.

Dirixida a pequenos empresarios e autónomos galegos interesados na implantación de proxectos TIC nos seus negocios, a xornada, promovida en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) , inclúe a exposición de tres experiencias de éxito na aplicación das novas tecnoloxías, como o caso de Conservas Galuriña, Queixería O Brexeo e Construcións González Otero.

Más información e inscrición na xornada aqui

150618_Programa_xornada_CPEIG_II

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn