Noticias

A cita, que terá lugar o 4, 5 e 6 de xuño en Compostela, servirá de homenaxe e foro de debate do fenómeno Xacobeo.

Co obxectivo de ofrecer un recoñecemento o labor que levan adiante as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago dispersas por todo o mundo e ofrecerlles un punto de encontro e foro de debate, Compostela acollerá os vindeiros días 4,5 e 6 de xuño o I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño.

O evento, que reunirá no Auditorio Abanca a preto de 300 membros de 154 agrupacións procedentes de 28 países dos cinco continentes converterá a Santiago de Compostela de novo na capital mundial do turismo de peregrinacións e a Galicia, “nun dos principais epicentros turísticos a nivel internacional”, segundo puxo de manifesto a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a presentación de Encontro. Será o propio presidente, Alberto Núñez-Fejoo o encargado de inaugurar esta cita, a máis importante realizada ata o momento neste ámbito.

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia “queremos homenaxear ás asociación de amigos do Camiño de todo o mundo”, propiciando unha reunión para dar a coñecer o seu traballo e dedicación ao longo de tantos anos, sen o que non sería posible o que hoxe coñecemos como Fenómeno Xacobeo. E é que Galicia mantén unha débeda de recoñecemento e gratitude con todo este amplo colectivo “que día a día realiza de balde un traballo exemplar na promoción do Camiño de Santiago e que por fin saldaremos con este I Encontro Internacional”, explicou Nava Castro.

Así Galicia acollerá neste encontro membros das asociacións de amigos do Camiño de Alemaña, Arxentina, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Corea do Sur, Eslovaquia, Eslovenia, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Francia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Xapón, Polonia, Portugal, Porto Rico, Reino Unido, República Checa, Sudáfrica, Suíza, Uruguai e España.

Mostra Amigos do Camiño: Hospitalidade, investigación e difusión

De maneira paralela ao encontro, o Centro Social ABANCA acollerá, dende o 4 ao 12 de xuño, a exposición Amigos do Camiño: Hospitalidade, investigación e difusión. Unha mostra que presentará, a partir de diversos materiais editados, unha completa visión das actividades propias das Asociacións Xacobeas, relacionadas coa investigación e recuperación do Camiño, a súa revalorización e promoción. Así mesmo, o encontro clausurarase cun acto conmemorativo no enclave do antigo cemiterio de peregrinos de Santiago no que renderase homenaxe aos miles de peregrinos que ao longo do séculos teñen chegado ata Santiago.

Saturday May 30th, 2015

Preto de 300 participantes de 154 colectivos daranse cita no I Encontro Mundial de Asociacións de Amigos do Camiño

A cita, que terá lugar o 4, 5 e 6 de xuño en Compostela, servirá de homenaxe e foro de debate do fenómeno Xacobeo. Co obxectivo […]
Wednesday May 27th, 2015

Primer taller INCITUS en torno a la creatividad en la hostelería con el chef Luis Viera y Fernando Gallardo

Se trata de la primera de las tres jornadas impulsadas por INCITUS para la dinamización del sector hostelero en Galicia En el marco del programa INCITUS […]
Tuesday May 26th, 2015

Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras se preparan para su Jornada de Puertas Abiertas en las Rutas del Vino de Galicia

El transporte gratuito en autobús es común para las tres pero cada una oferta propuestas especiales para estos días El último fin de semana de mayo, […]
Monday May 25th, 2015

A formación, piar para a construcción dun destino turístico de calidade

O curso de formación SICTED, que se desenvolve en Compostela, forma novos formadores, xestores e avaliadores do Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos Baixo […]