Boas cifras de viaxeiros aloxados en Galicia nos dous primeiros meses do ano, cun incremento do 7,9% respecto a 2013

Boas cifras de viaxeiros aloxados en Galicia nos dous primeiros meses do ano, cun incremento do 7,9% respecto a 2013

As pernoctas e o gasto do turista extranxeiro tamén rexistraron cifras positivas no mes de febreiro

No ámbito global e incluíndo a demanda nacional, Galicia rexistrou no primeiro bimestre deste ano un incremento da súa cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros, do 7,9%, rexistrando máis de 290.000. O comportamento do turismo internacional foi tamén positivo, cun incremento no número de pernoitas e gasto medio, que se incrementou no mes de febreiro respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo se desprende dos últimos datos que achega a enquisa EGATUR, do Instituto de Turismo de España e que recolle achegas relativas ao gasto que realizan en España os visitantes non residentes. Así, o gasto total do turismo internacional na Comunidade galega medrou o pasado mes de febreiro un 5,2% mentres que o gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron Galicia en febreiro de 2015 supera os 36,7 millóns de euros. Este dato tan positivo é consecuencia dun maior volume de demanda, xa que as pernoitas de estranxeiros en Galicia subiron un 12% o pasado mes.

Turistas estranxeiros

Neste ámbito, cabe lembrar que o turismo internacional marcou en Galicia un máximo histórico no mes de febreiro cun incremento de preto do 23%, ao recibir a Comunidade galega máis de 53.000 turistas estranxeiros no pasado mes, rexistrando un porcentaxe de crecemento moi superior ao observado a nivel estatal. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), tamén nos dous primeiros meses do ano a nosa comunidade marcou un máximo histórico ao recibir preto de 120.000 turistas estranxeiros.

En canto ao mes de febreiro, a comunidade galega rexistrou un crecemento de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros do 4,6% superando os 154.000. Subiron tamén no pasado mes as pernoitas rexistradas na comunidade galega nun 1,4% ata acadar un total de 277.097. Deste xeito, por vez primeira dende o ano 2008, as cifras de demanda hoteleira do mes de febreiro creceron en termos interanuais.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn