A formación, piar para a construcción dun destino turístico de calidade

A formación, piar para a construcción dun destino turístico de calidade

O curso de formación SICTED, que se desenvolve en Compostela, forma novos formadores, xestores e avaliadores do Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos

Baixo o título “Claves para a xestión do modelo”, o Centro Superior de Hostalería de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle estes días as xornadas nas que se ofrece toda a información necesaria acerca do distintivo SICTED para a xestión deste modelo de calidade que promove un nivel de calidade homoxéneo no destino , contribúe á mellora da xestión interna das empresas e acredita o cumprimento dos resquisitos establecidos pola Q de Calidade.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na xornada de inauguración, onde resaltou que a formación é un piar fundamental no desenvolvemento dun sector tan variable como o turístico, que cada día se actualiza e redimensiona e destaou que o obxectivo da Xunta é traballar conxuntamente co sector para facer da calidade un elemento diferenzador do noso destino, “un concepto que nos distinga e nos identifique nos mercados internacionais”, afirmou.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que neste momento en España se traballa na implantación do SICTED en 186 destinos turísticos con máis de 5.000 empresas distinguidas e Galicia conta con cinco destinos integrados neste sistema de calidade español. “Estas certificacións están en consonancia coa aposta pola calidade na oferta e nos servizos que rexe a política turística da Xunta de Galicia”, afirmou.

Nesta liña Nava Castro explicou que desde Turismo de Galicia se impulsan axudas ao sector para conseguir os distintivos de calidade e desenvólvense iniciativas en prol da calidade turística como é o feito de que Turismo de Galicia realice as funcións de Delegación Territorial do Instituto de Calidade Turística Española en Galicia.

A directora de Turismo de Galicia afirmou que a calidade dos establecementos, servizos e produtos turísticos convértese nun feito diferencial e proporciona unha vantaxe competitiva fronte a outros destinos con oferta similar. “Para acadar éxito nas políticas de calidade é fundamental o compromiso e a implicación conxunta, tanto da Administración turística competente como do propio sector”, concluíu.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn