Eficiencia enerxética para PYMES do sector hoteleiro

Eficiencia enerxética para PYMES do sector hoteleiro

Co obxectivo de mellorar a competividad do sector, o proxecto ENTIC ofrece ás empresas do sector hostaleiro a posibilidade de recibir asesoramento personalizado por parte de empresas especializadas en mellora enerxética.

Este proxecto, que nace co obxectivo de ofrecera ás empresas información e asesoramento para unha xestión intelixente da enerxía, desenvolverá a súa primeira sesión de información os próximos días 12 e 13 de febreiro en Santiago de Compostela. Pode apuntarse a este primeiro encontro de negocios no seguinte link: INSCRICIÓN, no que poderá elixir temática, provedor/é e hora para manter a reunión. Estes encontros non supoñen custo algún.

As reunións, serán individuais e terán lugar na sede do IGAPE (San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela), cunha duración aproximada de 30 minutos.
É recomendable acudir á cita coas facturas de consumos enerxéticos dos últimos 12 meses.
Para calquera consulta, pode contactarnos en info@entic.eu

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn