Convocatorias

O equipo de Galicia Open Future presentará a iniciativa Telefónica Open Future e o seu programa de aceleración de startups en Galicia que dará comezo o próximo mes de setembro e que actualmente se atopa en fase de captación e selección dos 50 proxectos participantes. A data elexida para a presentación desta segunda convocatoria do Galicia Open Future será o vindeiro 2 de xullo, a partir das 17h, nun evento no que estarán presentes a directora do Galicia Open Future, Mª Carmen López, e a dictora do proxecto no Grupo Barrabés, Paloma Barreiro.

Dirixida tanto a emprendedores cunha idea de negocio como a startup, a xornada servirá para resolver dúbidas, coñecer os requisitos para formar parte do programa e o seu desenvolvemento. Para participar será necesario facer a incrición, de balde, no espazo de usuario do Centro Demostrador TIC. Podes consultar o programa  completo aquí.

25 de junio de 2015
galicia-open-future

Galicia Open Future presenta o vindeiro 2 de xullo a súa segunda edición

O equipo de Galicia Open Future presentará a iniciativa Telefónica Open Future e o seu programa de aceleración de startups en Galicia que dará comezo o […]