A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) presentou en Fitur2016 o noveno volume da colección de guías turísticas … E para comer, Lugo, que a Asociación decidiu dedicarlle aos Camiños de Santiago que atravesan a provincia de Lugo con motivo da celebración do Ano Xubilar da Misericordia.

Baixo o título Lugo-Santiago, o anuario está integrado por 132 páxinas, das cales 69 se distribúen en cinco apartados. Os tres primeiros coinciden coas tres rutas xacobeas oficiais, que contan coa categoría de Patrimonio da Humanidade: Camiño Francés, que ten entrada polo poboado prerromano do Cebreiro; Camiño Primitivo, que inicia o seu tramo galego no municipio da Fonsagrada, e Camiño Norte ou Ruta da Costa, que entra pola Mariña Oriental. O cuarto apartado describe o Camiño Sur ou de Inverno, que atravesa a Ribeira Sacra, e o quinto presenta outros dous traxectos menos coñecidos pero igualmente atractivos: o Camiño Norte Interior, que transcorre pola comarca de Meira, e o Camiño do Mar, que transita pola Mariña lucense.

Como seccións habituais a guía inclúe os álbums das tapas gañadoras do Concurso de Tapas de Lugo, do Cume Tapas de Monforte e do Concurso Provincial, ademais do álbum dedicado á presenza da Apehl na Vuelta Ciclista a España. A última parte conta cun directorio no que se poden atopar por orde alfabética todos os establecementos asociados da provincia de Lugo.

Todos estes contidos a sitúan como unha ferramenta de grande utilidade para a promoción turística e gastronómica da provincia, tal e como puxeron de manifesto na presentación tanto o presidente da Apelh, Cheché Real, como a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o delegado da Área de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, que tamén estiveron no acto de presentación. De igual xeito tamén se deron cita no acto a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego; a conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez; alcaldes da provincia así como recoñecidos xornalistas como Silvia Jato e Jenaro Castro e representantes das asociacións de produtores e mais do CRDO Ribeira Sacra.

A publicación ten unha tiraxe de 15.000 exemplares que se distribúen en oficinas de turismo, albergues, feiras sectoriais, hoteis e outros establecementos hostaleiros asociados á Apehl, así como en todas as etapas da Vuelta Ciclista a España, ademais de contar cunha edición dixital na web www.eparacomerlugo.es.

21 de enero de 2016
Degustacion-de-pan-de-Lugo_

Fitur acolleu a presentación da nova edición daa guía E para comer… Lugo, ferramenta de promoción turística e gastronómica da provincia

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) presentou en Fitur2016 o noveno volume da colección de guías turísticas … E para […]
21 de enero de 2016
xantar-4

El potencial gastronómico gallego, presente en Xantar

Una edición más, el stand de Galicia en Fitur 2016 acogió también la presentación de la inminente celebración de una nueva edición de Xantar, el Salón […]
21 de enero de 2016
kumano-kodo

Camiño de Santiago, referente internacional imprescindible para vertebrar o turismo galego

O Camiño de Santiago foi hoxe un dos grandes protagonistas do espazo dedicado a Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, especialmente debido á […]
21 de enero de 2016
lavuelta

La Vuelta Ciclista, a gastronomía, o turismo astronómico ou a realidade aumentada, protagonistas da primeira xornada de Galicia en Fitur

A primeira xornada da 36 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2016 acolleu no espacio de Galicia do pavillón 9 un total de […]