A directora de Turismo de Galicia, acompañada dos alcaldes da comarca, inauguraron a 5ª edición de Turexpo en Silleda

A ampla e diversa oferta turística galega que permite a Galicia converterse nun destino perfecto durante todo o ano centrou as palabras da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen estivo a cargo da apertura oficial da nova edición de Turexpo, que se celebra en Silleda ata o domingo na Feira Internacional de Galicia en Silleda. De feito, tanto o Turismo de Galicia, como o Clúster del Turismo de Galicia así como as asociaciones de turismo rural FEGATUR, AGATUR, Agarimo, turoperadores, axencias de viaxes, oferta hotelera e oferta turística complementaria das catro provincias déronse cita nesta feira sectorial.

A directora de Turismo de Galicia destacou durante a súa intervención que o sector turístico constitúe un dos piares fundamentais da economía de Galicia xa que, segundo afirmou, representa preto do 11% do PIB da nosa comunidade”. Así mesmo, Nava Castro destacou que o pasado ano 2014 visitaron Galicia máis de 4 millóns de turistas.

A responsable de Turismo da Xunta explicou tamén que a nosa comunidade ofrece un abano de oportunidades que a converten no destino perfecto para calquera época do ano. Neste senso, referiuse ao Camiño de Santiago como o produto turístico estrela e a carta de presentación de Galicia no exterior, e a natureza e oferta de turismo rural que atesoura a nosa comunidade, unha das máis singulares de España.

Bolsa de contratación

Turexpo chega a súa quinta edición cunha consolidada bolsa de contratación dirixida a turoperadores de 17 países diferentes, o que a consolida como unha boa plataforma de negocio e un escaparate das propostas que a convirte nunha ventá aberta para a captación de novos mercados exteriores. “Turexpo é unha iniciativa máis que se une a esta aposta pola promoción e a colaboración público-privada para mostrar a fortaleza do sector turístico galego e a oferta diferencial que ofrece Galicia como destino”, concluíu Nava Castro.

Durante estes días, o recinto ferial de Silleda ofrece unha atractiva área de exposición de 5.500 m² na que cobra especial protagonismo do Camiño de Santiago que envolverá o visitante nun rechamante espazo coa presenza da maioría dos municipios situados no Camiño Francés e a Vía da Prata, que mostrarán a súa oferta e os múltiples atractivos destas dúas rutas. Ademais a esta recreación do Camiño únense outras interesantes propostas de Galicia e Portugal e tamén Festur, a II Feira de Festas de Interese Turístico, así como, un interesante programa de actividades.

20 de marzo de 2015

Galicia, destino único

A directora de Turismo de Galicia, acompañada dos alcaldes da comarca, inauguraron a 5ª edición de Turexpo en Silleda A ampla e diversa oferta turística galega que […]
18 de marzo de 2015

Turismo de Galicia abre unha liña de subvencións para a mellora de infraestruturas e sinalización do rural galego

As axudas están orientadas a promover obras de mellora de accesibilidade de recursos turísticos tales como espazos naturais, miradoiros, rotas de sendeirismo, praias…. Co obxectivo de […]
18 de marzo de 2015

A oferta turística de Galicia viaxou esta semana ás Feiras MITT de Moscova e TUR de Goteborg

Ata o domingo Turismo de Galicia estivo presente nestas dúas feiras sectorais especializadas A oferta turística galega estivo presente en dúas feiras internacionais de carácter sectorial: o […]
17 de marzo de 2015

Turexpo celebró una nueva edición de su bolsa de contratación con la presencia de 50 turoperadores de 17 países

El Salón Turístico que se celebra en Silleda del 20 al 22 de marzo acogió también actividades para el público general con degustaciones, turismo activo y […]