Durante este mes volveron subir o número de turistas tanto nacionales como internacionales, así como as pernoitas, que se incrementaron especialmente nos aloxamentos extrahoteleiros

Segundo os últimos datos da enquisa de EGATUR, os turistas extranxeiros que visitaron Galcia neste mes de maio gastaron algo máis de 100 millóns de euros, o que supón que o gasto total do turismo internacional medrou nun 36% respecto ao mesmo período do ano pasado. Se miramos os datos acumulados, nos cinco primeiros meses gastaron preto de 300 millóns de euros, un 5,2%.

No que atinxe a volume, o mercado internacional incrementou un 6,7% as súas pernoitas e un 14,3% os seus viaxeiros acadando máximos históricos tanto de volume de viaxeiros e pernoitas, con 162.600 e 228.155 respectivamente, como do peso sobre o conxunto da demanda ao supoñer o 40,6% do total dos viaxeiros e o 33,2% das pernoitas. A mellora do turismo internacional traduciuse nun incremetno da demanda de aloxamento tanto hoteleiro como extrahoteleiro, con maior intensidade nos aloxamentos extrahoteleiros, onde as pernoitas subiron un 18%.

No segmento hoteleiro o crecemento situouse no 5% -rexistrándose o maior incremento nas pensións co 12,1%-. Pola súa banda, o segmento extrahoteleiro ascendeu nun 17,9%. As pernoitas subiron un 18,5% nos apartamentos turísticos, un 13,4% nos establecementos de turismo rural, e un 24,9% nos cámpings.

No pasado mes de maio, o 91,7% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis, que representaron o 69,2%, como ás pensións, co 22,5% neste caso.

O 8,3% restante situouse no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne aos apartamentos turísticos, que representaron o 2,2% da demanda total, aos establecementos de turismo rural, que supuxeron o 3,7% neste caso, e aos cámpings que supuxeron o 2,4% do total da demanda regrada.

01 de julio de 2015

Os turistas extranxeiros deixan en Galicia no mes de maio un gasto de máis de 100 millóns de euros

Durante este mes volveron subir o número de turistas tanto nacionales como internacionales, así como as pernoitas, que se incrementaron especialmente nos aloxamentos extrahoteleiros Segundo os […]
30 de junio de 2015

A internacionalización e a busca da excelencia claves para Núñez Feijóo no éxito do sector vitivinícola galego

O presidente da Xunta participou na entrega dos premios das Catas dos viños e destilados Un total de 34 viños y 5 destilados recibiron onte os […]
30 de junio de 2015

Xornalistas arxentinos visitan Galicia para coñecer a nosa oferta turística

Co fin de difundir os principais valores turísticos de Galicia entre a poboación arxentina, Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en […]
29 de junio de 2015

Semana decisiva para o recoñecemento dos Camiños do Norte como Patrimonio da Unesco

Desde este domingo e ata até o vindeiro 8 de xullo os Camiños do Norte xóganse en Bonn, Alemaña, a súa inclusión na lista do Patrimonio […]