Co obxectivo de difundir a oferta congresual galega, Turismo de Galicia desprazouse ata este salón francés que se desenvolveu o 24 e 25 de marzo

A oferta galega de turismo de congresos esivo ao alcance dos principais operadores turísticos franceses a través da presenza de Turismo de Galicia no Salón Meedex, unha das citas feirais máis importantes de Francia especializado en turismo de reunións, congresos e viaxes de incentivo que se desenvolveu no Carrousel du Louvre, en París do 24 ao 25 de marzo e na que se deron cita máis de 250 expositores e se celebraron máis de 13.000 reunións. No caso galego foron un total de 50 xuntanzas as que se mantiveron con operadores turísticos especializados mediante un workshop organizado en colaboración coa Oficina de Turismo de España en París, informando aos visitantes que se acheguen ao evento das da oferta turística galega neste ámbito.

A presenza na capital francesa encádrase no marco do programa específico de promoción destinado a dar a coñecer a oferta turística congresual da nosa Comunidade tanto a nivel nacional como internacional. Así, durante este ano, ademais de participar neste Salón Meedex en París, Galicia estará presente en certames como IMEX de Frankfurt ou TTG Incontri en Rimini, así como a nivel nacional na feira EIBTM de Barcelona. A iso hai que engadir a asistencia de Galicia a workshops especializados en convencións e incentivos, como ConfecRed e The Meetings Space Spring (mercado británico), Ace of Mice, TTG Italia Rd Show (mercado italiano), Full Contact (mercado italiano), The Meeting Space Autum (mercado francés).

Así mesmo, dende a administración turística galega lévanse a cabo campañas de comunicación en medios especializados, e realizase unha importante labor de axuda e asesoramento para aquelas empresas que desexan realizar reunións en Galicia informando acerca das súas infraestruturas e os seus produtos turísticos complementarios que ofrece a nosa Comunidade.

26 de marzo de 2015

Turismo de Congresos no salón Meedex de París

Co obxectivo de difundir a oferta congresual galega, Turismo de Galicia desprazouse ata este salón francés que se desenvolveu o 24 e 25 de marzo A […]
25 de marzo de 2015
slide_06

Nace INCITUS para promover la dinamización del sector hostelero gallego

Hasta el 16 de abril está abierto el plazo para presentar candidaturas para participar en esta iniciativa de asesoramiento de profesionales a nuevos proyectos Ante la […]
24 de marzo de 2015

A oferta turística galega promocionarase en Río a través dun convenio de colaboración entre Xunta, Clúster do Turismo e empresarios do sector

O protocolo de colaboración asinado cos empresarios cariocas contempla o desenvolvemento de prácticas profesionais no tecido turístico galego de estudantes e profesionais do sector turístico brasileiro […]
23 de marzo de 2015

Profesionalidad, capacidad de innovación y competitividad, claves de la aportación del sector turismo a la Marca España

La percepción de la imagen de España y la aportación del sector empresarial gallego en esta construcción centraron la jornada celebrada en la Ciudad de la […]