Ao longo deste mes de setembro o Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte GAC 3 levará adiante un proxecto para a creación de novos paquetes turísticos combinados que contribúan a fortalecer a oferta turística neste territorio. As propostas, que implicarán a todos os profesionais do sector turístico interesados, combinarán aloxamento e restauración xunto con actividades de lecer, deporte, cultura ou natureza. Trabállase coa previsión de confeccionar entre cinco e oito paquetes turísticos para os que se establecerán diferentes xornadas de traballo nas que os profesionais interesados achegarán as diferentes propostas que poden ofertar e os técnicos do proxecto recolleranas para confeccionar as diferentes experiencias ou paquetes turísticos. Ademais, haberá encontros con operadores turísticos aos que se lles amosarán as posibilidades que ofrece o territorio, centrados especialmente en aspectos como os faros, sendeirismo, surf, turismo mariñeiros, turismo gastronómico-cultural, etc. O Grupo de Acción Costeira destina unha cantidade aproximada de 25.000 euros para o desenvolvemento do plan, dentro do Fondo Europeo da Pesca.

Para a promoción, haberá unha imaxe única, folletos en varios idiomas, estratexia de comunicación online e a presenza en feiras do sector turístico. Neste sentido, os técnicos marcaron como fito chegar á feira internacional de turismo de Londres (World Travel Market) con material promocional en inglés e con contactos e colaboracións con entidades comercializadoras de produto turístico aínda que tamén están previstas a participación nas citas de Berlín, Barcelona ou Madrid, por exemplo.

No equipo de traballo, ademais de expertos consultores en turismo e márketing, cóntase cunha experta en comercialización de productos turísticos cunha ampla experiencia no sector. Na iniciativa poderán participar aquelas empresas beneficiairas de proxectos productivos do GAC, os integrantes da oferta Mar Galaica do ámbito do GAC 3 e aquelas empresas do sector ou emprendedores que, cumprindo uns requisitos de calidade, acheguen valor ao proxecto.

Calendario

O día 8 de setembro haberá unha xornada de traballo centrada no deseño de experiencias turísticas, o 15 de setembro unha segunda sesión para afondar na definición dos paquetes turísticos do proxecto e, por último, unha actividade programada para o 22 de setembro no que se producirá un encontro profesional con touroperadores nacionais. A actividade non ten custe para as empresas inscritas, pero será necesario un compromiso firme de participación no proxecto. Xa hai máis dunha vintena de hostaleiros inscritos. Os interesados aínda poden anotarse ata o día 8 nas oficinas do GAC 3.

 

07 de septiembre de 2015

O Grupo de Acción Costeira GAC3 impulsa a creación de novos paquetes turísticos combinados para a promoción da Costa da Morte

Ao longo deste mes de setembro o Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte GAC 3 levará adiante un proxecto para a creación de novos […]
07 de septiembre de 2015

Arte urbana para contribuir á difusión da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Unesco

Co obxectivo de conectar a paisaxe e a historia da Ribeira Sacra o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra en colaboración con Turismo de Galicia veñen […]
06 de septiembre de 2015

Compostela acoge un foro sobre Responsabilidad Social Empresarial en el sector turístico

Con el objetivo de contribuir a difundir e impulsar las buenas prácticas en materia de Responsabilidad Social Empresarial (RSE), Turismo de Galicia y Clúster del Turismo […]
04 de septiembre de 2015

Un total de 89 casas de turismo rural participan na 9ª edición do Outono Gastronómico

A iniciativa desenvolverase entre o 11 de setembro e o 13 de decembro con diverentes propostas gastronómicas e de aloxamento Desde o 11 de setembro ao […]