Sete das bolsas de formación están destinadas á promoción e información turística mentres que as outras dúas están dirixidas á área de Estudos de Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística

 

Co obxectivo de fomentar o perfeccionamento profesional dos novos titulados nas áreas turísticas, a Axencia de Turismo de Galicia ven de convocar nove bolsas de formación cunha duración e retribución variable.

As bolsas de formación permitirán aos titulados acceder a prácticas tuteladas en diversas áreas de Turismo de Galicia co obxectivo de fomentar o perfeccionamento profesional dos bolseiros co fin de actualizar e mellorar os seus coñecementos e habilidades en materias vencelladas co turismo.

As bolsas estarán distribuídas da seguinte forma: sete están destinadas á promoción e información turística, mediante a realización de prácticas nas oficinas de información turística de Turismo de Galicia distribuidias entre a oficina de turismo da Coruña, a oficina de turismo de Pontevedra, a oficina de turismo de Vigo, a oficina de turismo de Lugo e a bolsa na oficina de turismo de Ourense.

As outras dúas están dirixidas a titulados en diversas materias para ampliar experiencia e coñecementos sobre o mercado turístico galego. As ditas bolsas están destinadas á realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística -unha bolsa especializada en estatística e outra especializada en turismo-, na área de Estudos de Investigación, integrada na dirección de Competitividade de Turismo de Galicia.

A dotación económica das bolsas será de seiscentos euros brutos mensuais no caso das bolsas de formación nas oficinas de información turística, e de oitocentos euros brutos mensuais, no caso das bolsas de formación na Área de Estudos Turísticos. En canto á duración máxima do programa formativo será de seis meses e nove meses respectivamente.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, o que tivo lugar o pasado 2 de marzo.

Podes descargarte a resolución do DOGA do 2 de marzo aquí

 

03 de marzo de 2015

Turismo de Galicia convoca nove bolsas de formación práctica para favorecer a profesionalización dos titulados

Sete das bolsas de formación están destinadas á promoción e información turística mentres que as outras dúas están dirixidas á área de Estudos de Investigación para […]
03 de marzo de 2015

Curso de la USC para informadores de oficinas de turismo y guías

Promovido por el Centro de Estudios Avanzados CETUR de la Universidad de Santiago de Compostela, estamos frente a un curso de 50 horas homologado por la […]
28 de febrero de 2015

II Campeonato nacional de Tiraje de Cerveza Estrella Galicia

El próximo 9 de marzo el Pazo Los Escudos Hotel & Spa Resort de Vigo acogerá la semifinal del II Certamen Gallego de Tiraje de Cerveza […]
28 de febrero de 2015

Nuevas acciones de promoción para que el viajero se decante por las Rías Baixas

El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado de la directora de la Axencia de Turismo de Galicia y diferentes representantes del Clúster del […]