Ata o domingo Turismo de Galicia estivo presente nestas dúas feiras sectorais especializadas

A oferta turística galega estivo presente en dúas feiras internacionais de carácter sectorial: o Moscow International Exhibition Travel & Tourism (MITT), que se celebrou na capital de Rusia entre o 20 e o 21 de marzo, e entre o 20 e 22 no  TUR de Goteborg, Suecia. En ambos casos a presenza activa da oferta galega fíxose a través do ente de promoción autonómico, Turismo de Galicia, que continúa así coa súa tarefa de promoción internacional do destino Galicia. No caso do MITT, a feira máis importante destas características que se celebra en Rusia, estamos fronte a un certame profesional que tamén está aberto ao público xeral, que permite achegar a este público potencial a completa oferta galega. Cabe lembrar que no pasado ano 2014, visitaron Galicia un total de 7.911 viaxeiros rusos rexistrándose 12.984 pernoitas nos establecementos hoteleiros da nosa comunidade.

Tur de Goteborg

Por outra parte Turismo de Galicia promoveu a oferta turística da Comunidade galega e o Camiño de Santiago no certame turístico Tur de Goteborg, Suecia, entre os días 20 e 22 de marzo. Esta feira caracterízase por rexistrar unha grande afluencia de público final con interese nos produtos turísticos europeos e, neste caso, o Camiño de Santiago, así como os recursos turísticos galegos relacionados coa natureza tiveron unha presenza especial no certame. No que respecta aos turistas suecos, en 2014, no ámbito hoteleiro rexistráronse 8.570 viaxeiros e 12.601 pernoitas, polo que tamén este mercado é un mercado de gran importancia para a nosa comunidade.

18 de marzo de 2015

A oferta turística de Galicia viaxou esta semana ás Feiras MITT de Moscova e TUR de Goteborg

Ata o domingo Turismo de Galicia estivo presente nestas dúas feiras sectorais especializadas A oferta turística galega estivo presente en dúas feiras internacionais de carácter sectorial: o […]
17 de marzo de 2015

Turexpo celebró una nueva edición de su bolsa de contratación con la presencia de 50 turoperadores de 17 países

El Salón Turístico que se celebra en Silleda del 20 al 22 de marzo acogió también actividades para el público general con degustaciones, turismo activo y […]
17 de marzo de 2015

El Clúster del Turismo de Galicia celebra su Consejo Ejecutivo en A Coruña coincidiendo con la celebración del Fórum Gastronómico

Este lunes el órgano ejecutivo del CTG se desplazará hasta ExpoCoruña y visitará la muestra “El Primer Picasso: A Coruña 2015” Coincidiendo con la celebración del […]
12 de marzo de 2015
mapa_galicia_europa

Abierto el plazo para la recepción de proyectos de entidades asociadas para su desarrollo por parte del Clúster del Turismo de Galicia

Se establece un importe máximo de cofinanciación por parte del Cluster de 30.000 euros por proyecto, que deberá estar ejecutado antes de octubre de 2015 El […]