Grafico_24_04_15_Turismo de Galicia

Os hoteis da nosa comunidade recibiron un total de 214.101 viaxeiros, un 23,4% máis, e subiron tamén as pernoitas

Neste primeiro trimestre melloraron tamén tanto o número de viaxeiros aloxado como as pernoitas, que superaron as 925.000

Galicia rexistrou no mes de marzo un incremento nos viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros dun 23,4%, ata chegar a un total de 214.101 viaxeiros, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Subiron tamén en marzo as pernoitas rexistradas en Galicia nun 15,1% neste caso, ata acadar 400.410. Estes datos positivos, que tamén se rexistraron no resto do Estado, dan como resultado o mellor mes de mazo dos últimos 12 anos. Se miramos o trimestre en conxunto, a nosa comunidade incrementou a súa cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros nun 14% en relación ao pasado ano, rexistrando un total de 504.343, e as súas pernoitas nun 7,1%, rexistrando neste caso 925.534 neste período.

Por procedencia, Galicia incrementou o turismo nacional neste mes de marzo, tanto o interno nun 5,2% como o receptor nacional nun 19,5% no relativo as pernoitas. En canto aos viaxeiros residentes en Galicia subiron nun 8,6% e os procedentes do resto do Estado nun 31%. Así mesmo, o turismo internacional tamén incrementou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 41% e as súas pernoitas nun 29%. Este incremento elevou o peso do turismo internacional situándoo en marzo no 17%, cifra que supón un máximo histórico na nosa comunidade neste mes.

Tanto a cifra de viaxeiros aloxados coma as pernoitas melloraron nas catro provincias galegas neste mes de marzo presentando Lugo o incremento de maior intensidade, cun 68% no que respecta aos viaxeiros e cun 45% ás pernoitas.

Como consecuencia do bo comportamento da demanda os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en marzo en 3,6 puntos porcentuais en relación ao pasado ano.

Do mesmo xeito, tamén as tarifas hoteleiras en Galicia subiron neste terceiro mes do ano, nun 1,4% neste caso.

Esta mellora dos niveis de demanda e ocupación neste mes de marzo, acontecida nun contexto de suba dos prezos hoteleiros, permitiu aos establecementos hoteleiros da comunidade incrementar os seus niveis de rendibilidade en relación ao mesmo período de 2014 –o RevPAR subiu un 18,8%-.

Balance do primeiro trimestre

Tanto o turismo nacional como o internacional incrementaron as súas cifras neste período dos tres primeiros meses do ano. As pernoitas do turismo interno subiron un 1,3% en relación ao mesmo período do pasado ano e do turismo receptor nacional incrementáronse nun 9%. En canto aos viaxeiros españois procedentes doutras comunidades autónomas incrementáronse nun 12%. Así mesmo, Galicia rexistrou un crecemento do turismo internacional do 29% no que se refire aos viaxeiros e do 18% nas pernoitas. Estes incrementos relativos ao turismo internacional elevaron o peso deste mercado a máximos históricos no primeiro trimestre cun 16,4% do total da demanda hoteleira.

Grazas á mellora dos volumes de demanda os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao pasado ano en 1,5 puntos porcentuais.

27 de abril de 2015

Excelentes cifras de pernoitas en marzo nos hoteis galegos

Os hoteis da nosa comunidade recibiron un total de 214.101 viaxeiros, un 23,4% máis, e subiron tamén as pernoitas Neste primeiro trimestre melloraron tamén tanto o […]
24 de abril de 2015

Centro Superior de Hostalería de Galicia participou na prestixiosa conferencia internacional Hospitality Reseach en Suiza

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) conclui hoxe a súa participación na Conferencia International Hospitality Research que se celebra no Hospitality Tourism Management Institute en […]
23 de abril de 2015

Galicia, a la cabeza en número de casas rurales accesibles

Frente al 17% de casas rurales accesibles en España, nuestra comunidad está a la cabeza en este tipo de establecimientos adaptados para las necesidades de personas […]
22 de abril de 2015
galeria_01

Palexco, centro logístico del Maratón Atlántica Coruña 42

Cuatro mil participantes se dieron cita en el Maratón Atlántica Coruña 42, que se celebró el pasado fin de semana en A Coruña, y en el […]