Asturias acolleu a derradeira proba golfista de clasificación antes da final, que terá lugar no campo Oca Augas Santas Balneario Club Resort o vindeiro mes de outubro.

O campo de golf de La Barganiza, en Asturias, acolleu a quinta proba clasificatoria do Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia, un torneo organizado Turismo de Galicia no que participan homes de máis de 55 anos e mulleres de máis de 50. Con esta proba pechouse a fase clasificatoria que se desenvolveu en cinco campos de golf doutras tantas comunidades autónomas españolas. A fase final terá lugar no campo de golf Oca Augas Santas Balneario Golf Resort, en Ferreira de Pantón, os días 6, 7, 8 e 9 de outubro.

En total durante esta fase de clasificación participaron preto de 500 golfistas senior que participaron na modalidade de stableford scratch e hadicap individual. A iniciativa encádrase na aposta da administración pública para a desestacionalización deste deporte, promovendo a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, así como a creación de campionatos de golf vencellados ao turismo termal.

Por iso, ata o ano 2016 estanse impulsando accións encamiñadas á promoción, á captación de máis turistas e ao establecemento de sinerxias con operadores nacionais e internacionais especializados no turismo de golf en colaboración coa Federación Galega de Golf e a Asociación Galicia, Destino Golf, e tamén a creación de paquetes turísticos, ofertando golf, aloxamento, termalismo e gastronomía, especialmente para o colectivo sénior.

22 de julio de 2015

Rematada a fase clasificatoria do V Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia

Asturias acolleu a derradeira proba golfista de clasificación antes da final, que terá lugar no campo Oca Augas Santas Balneario Club Resort o vindeiro mes de […]
21 de julio de 2015

Núñez Feijóo presenta os avances e a folla de ruta de implantación da Axenda Dixital 2020 ao sector turístico galego

O obxectivo é transformar o turismo convencional en intelixente a través da modernización das infraestructuras e a implementación das TIC no sector O sector turístico galego foi o […]
20 de julio de 2015

¿Qué es un destino turístico starlight?

Xunta de Galicia inicia los trámites para que el Parque das Illas Atlánticas se convierta en uno de ellos Los Destinos Turísticos Starlight son lugares visitables […]
16 de julio de 2015

O Tren Al-Andalus regresa a Galicia

Por tercer ano consecutivo o Tren de luxo Al Andalus achégase en dous dos seus percorridos a Galicia. No primeiro deles remata este venres na Coruña […]