• A vinoteca Lavinia da capital francesa acolle unha campaña de promoción desta nova experiencia turística ata o día 2 de maio na que poderá participar tamén o público xeral

Promovida por Turismo de Galicia, a vinoteca da capital francesa acolleu un acto no que se deron cita preto dun cento de persoas para coñecer de primeira man o produto turísico “Camiño, Viños e Camelias” no marco da campaña de promoción que se desenvolve ata o vindeiro día 2 de maio no establecemento especializado na comercialización de viños Lavinia París. No acto, presidido por  presidido pola directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, participaron un cento de profesionais do turismo e as relacións públicas de Francia, entre os que salientaron o presidente da Asociación de compañías aéreas francesas e o vicepresidente da Asociación de axencias de viaxes do país veciño así como operadores xeneralistas e compañías especializadas na venda de viaxes relacionados coa cultura e a natureza.

Segundo manifestou Carmen Pita na súa intervención, ‘Camiño, viños e camelias’ posibilita diversos percorridos nos que gozar de numerosas variedades de flores nos mellores xardíns da comunidade galega, “nunha contorna arquitectónica única, como é a dos pazos galegos”. Pola súa parte, a directora da Oficina de Turismo de España en París, Elena Valdés, fixo un breve repaso polos principais recursos turísticos de Galicia, cunha especial mención ao Camiño de Santiago e convidou aos operadores turísticos franceses a comercializar novos produtos relacionados con Galicia, e puxo como exemplo ‘Camiño, viños e camelias’.

Mercado francés

Polo que respecta ao mercado francés, o pasado ano 2014 rexistráronse en Galicia un total de 112.424 viaxeiros franceses aloxados nos establecementos regrados da comunidade, cifra que superou nun 20,9% o dato do anterior ano 2013. Esta mellora tamén se observou no volume de pernoitas, que se incrementaron en 2014 nun 16% rexistrando este mercado un total de 186.038. En termos de volume global Francia sitúase como o terceiro mercado internacional máis importante de Galicia por detrás de Portugal e Alemaña representando algo máis do 10% do total internacional en 2014.

21 de abril de 2015

Preto de 70 turoperadores franceses participaron na presentación en París de ‘Camiño, Viños e Camelias’

A vinoteca Lavinia da capital francesa acolle unha campaña de promoción desta nova experiencia turística ata o día 2 de maio na que poderá participar tamén […]
21 de abril de 2015

Una delegación de agentes de viajes de Japón visitan Galicia para familiarizarse con su oferta turística

El presidente del Clúster del Turismo de Galicia mantuvo un encuentro con ellos en las Rías Baixas Una representación de la Asociación de Agencias de Viaje […]
20 de abril de 2015

Este jueves, presentación de la Guía Práctica de Cocina Clásica Española en Vigo

Coincidiendo con la celebración del Día del Libro, la Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra celebra la presentación de la Guía Práctica de Cocina Clásica […]
17 de abril de 2015

Abierto el plazo para participar en Welcome Bilbao, la primera no-conferencia de Turismo

Concebida como un foro de encuentro de profesionales de turismo, Welcome se celebrará el próximo 7 de mayo en Bilbao bajo la máxima de un formato […]