Turismo de Galicia participou no evento Cruise 360 que se celebra na cidade de Fort Lauderdale en Florida co obxectivo de promover a nosa comunidade como destino de cruceiros no leste dos Estados Unidos de América

A nosa comunidade recibiu o ano pasado un total de 345.665 pasaxeiros de cruceiros, o que supón un incremento do 1,1% en relación ao 2013

Co obxectivo de promocionar o destino Galicia neste sector profesional, Turismo de Galicia participou na cidade de Fort Lauderdale (Florida) no Cruise 360, una feira profesional dirixida aos operadores turísticos especializados máis importantes desta área xeográfica e na que se desenvolveron xuntanzas de traballo, seminarios e conferencias, que permitiron contactar con operadores turísticos e consignatarios norteamericanos. Deste xeito, Turismo de Galicia participou en xuntanzas individuais con axentes turísticos especializados en cruceiros, e en distintas reunións colectivas para difundir os valores e os servizos turísticos de Galicia, en xeral, e a capacidade para atraer cruceiros, en particular.

E é que o turismo de cruceiros é un sector en alza na nosa comunidade e así o demostran os datos. O turismo de cruceiros en Galicia pasou de mover uns 120.000 pasaxeiros en 2003 a máis de 345.000 en 2014. Concretamente a nosa comunidade recibiu no pasado ano a un total de 345.665 pasaxeiros de cruceiros, o que supón un incremento do 1,1% en relación ao 2013. O turismo de cruceiros presenta, polo tanto, un gran potencial e un gran recursos desestacionalizador, xa que a súa influencia alárgase dende o mes de abril ata outubro principalmente. A cidade de Vigo foi a que máis pasaxeiros de cruceiros recibiu no pasado ano cun total de 176.019 e un incremento do 2,5% en relación ao ano anterior. Deste xeito, o porto do sur de Galicia acolleu o 50,9% do total dos cruceiristas que chegaron a nosa comunidade.

No segundo lugar situouse o porto de A Coruña, o cal albergou un total de 129.597 pasaxeiros procedentes de cruceiros, un 37,4% do total. Á cidade de A Coruña síguelle o porto de Ferrol cun total de 39.017 pasaxeiros, o que supón o 11,3% do total. Compre destacar o espectacular incremento rexistrado por este porto que no pasado ano incrementou os seus cruceiristas nun 295,5%, en relación ao ano 2013. Por último, o porto de Vilagarcía acolleu 1.032 pasaxeiros de cruceiros ao longo do 2014, o que supón o 0,3% do total de cruceiristas que visitaron a nosa comunidade.

 

29 de abril de 2015

O turismo de cruceiros, sector en alza, promociónase en Florida

Turismo de Galicia participou no evento Cruise 360 que se celebra na cidade de Fort Lauderdale en Florida co obxectivo de promover a nosa comunidade como […]
28 de abril de 2015

El Instituto Galego do Viño entrega sus premios Mágnum

Más de ciento cincuenta personas acudieron a la Ciudad de la Cultura en Santiago de Compostela para conocer a los ganadores de los Premios Mágnum que […]
27 de abril de 2015

Excelentes cifras de pernoitas en marzo nos hoteis galegos

Os hoteis da nosa comunidade recibiron un total de 214.101 viaxeiros, un 23,4% máis, e subiron tamén as pernoitas Neste primeiro trimestre melloraron tamén tanto o […]
24 de abril de 2015

Centro Superior de Hostalería de Galicia participou na prestixiosa conferencia internacional Hospitality Reseach en Suiza

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) conclui hoxe a súa participación na Conferencia International Hospitality Research que se celebra no Hospitality Tourism Management Institute en […]