Se precisas una excusa para achegarte a coñecer Forcarei e a súa contorna, este 20 de agosto o coletivo Xente de Forcarei ven de propiciar unha coa convocatoria a primeira edición do seu Festival MonteSound, no que haberá concertos, actividades para os máis pequenos, cea, visitas guiadas ao Mosteiro de Aciveiro, e outras actividades para que ocupar a xornada. A entrada ao festival é de balde, e se desenvolverá coa seguinte programación: os concertos comezarán ás 20.00 horas coa Banda de Gaitas de Forcarei. Ás 21.00 horas abrirase a cociña. Servirase empanda, polbo, churrasco, refrescos ou viño, pan, sobremesa, café e chupitos. O prezo do menú é de 22 euros para adultos e de 12 para os menores de 12 anos. Hai que realizar reserva con antelación. Tras a cea actuarán Nave, Lonely Coaster, Erik&Eleeme e Veteris, grupo que pechará o festival.

Tamén se ofertarán actividades infantís tradicionais: carreiras de sacos, brilé, galiña cega, agocho inglés, o xogo do pano, pilla pilla, vexo vexo, gato e rato e zapatilla por detrás, entre outros, abertos á participación de toda a familia. Todas estas actividades, centradas no espazo dedicado á familia,arrincarán ás 17.00 horas e tamén serán gratuítas.

05 de agosto de 2015

Aciveiro acolle a primeira edición do Festival MonteSound

Se precisas una excusa para achegarte a coñecer Forcarei e a súa contorna, este 20 de agosto o coletivo Xente de Forcarei ven de propiciar unha […]
05 de agosto de 2015

A punto de cerrar el plazo para participar en la misión comercial del Clúster Turismo de Galicia a la World Travel Market

El plazo para participar en la misión comercial que el Clúster del Turismo de Galicia organiza con motivo de la Feria internacional de turismo World Travel […]
04 de agosto de 2015

Nuevas actividades de la Ruta do Viño Rías Baixas

La Ruta do Viño Rías Baixas acoge este fin de semana dos nuevas actividades de dinamización, ambas orientadas a combinar la actividad deportiva con el disfrute […]
03 de agosto de 2015
logoCongresoGrande

Abierto el plazo de inscripción para participar en el III Congreso de Calidad Turística organizado por el ICTE

El Pazo de Congresos de A Coruña acogerá este evento del 28 al 30 de octubre Desde esta semana y hasta el próximo mes de octubre, […]