Algo máis da metade dos peregrinos que chegaron a Compostela o ano pasado foron estranxeiros, un 52,24%, e algo máis do 55% homes con idades comprendidas entre os 30 e os 60 anos. Así o amosa o informe elaborado pola Xunta de Galicia no marco do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago, que permite coñecer o perfil do peregrino actual.

Así, o informe recolle que foron un total de 237.886 os peregrinos selaron a súa Compostela ao longo do pasado ano 2014, o que supuxo un incremento en relación ao ano anterior do 10,2% acadando un máximo histórico nun Ano non Xacobeo. O informe reflicte que o 68,10% dos peregrinos que chegaron a Compostela no pasado ano o fixeron pola vertente francesa do Camiño, a ruta xacobea máis transitada durante o pasado ano. Ao Camiño Francés seguíronlle, por ode de importancia, o Camiño Portugués, que acolleu o 10,92% do total dos peregrinos, e o Camiño do Norte co 6,34% pola súa parte.

En relación á procedencia, os peregrinos italianos lideraron a clasificación de peregrinos internacionais, ao achegar o 8,51% do total, superando a Alemaña que supuxo, neste caso, o 6,87%. En canto á procedencia nacional, Madrid segue sendo a Comunidade da que chegan máis peregrinos a Compostela. Finalmente o informe recolle tamén que continúan sendo maioritarios os peregrinos que realizan a Ruta Xacobea a pé xa que representan o 88,67%. No pasado ano escolleron a bicicleta para acadar a meta de Compostela o 10,64% dos peregrinos e o cabalo o 0,64%.

15 de octubre de 2015

Case o 70% dos romeiros usaron en 2014 o Camiño Francés, a maioría homes de 30 a 60 anos, segundo o perfil do peregrino da Xunta

Algo máis da metade dos peregrinos que chegaron a Compostela o ano pasado foron estranxeiros, un 52,24%, e algo máis do 55% homes con idades comprendidas […]
15 de octubre de 2015

Abierto el plazo de inscripción de profesionales para FITUR 2016

La nueva edición de Fitur, que se celebrará en Madrid entre el 20 y el 24 de enero de 2016, comienza a dar sus primeros pasos. […]
15 de octubre de 2015

Sanxenxo acogerá la próxima semana el último de los seminarios de formación de la Escuela de Negocios Afundación

La profesora Carmen Blanco impartirá el próximo 22 de octubre en Sanxenxo el último de los seminarios de capacitación para directivos programada por el Clúster del […]
13 de octubre de 2015

El turismo musical llega a Galicia

¿Sabéis que existe el turismo musical? Spain is Music es la única agencia en España dedicada exclusivamente a ofrecer este tipo de turismo, un nicho de […]