Actividades

Máis de 6.600 persoas fixeron algún tipo de consulta no stand conxunto de Turismo de Galicia e Portos de Galicia no salón náutico Grand Pavois que se celebrou ata o luns na localidade francesa de La Rochelle. Trátase dun dos eventos máis grandes no panorama náutico internacional no que participaron máis de 800 expositores internacionais que recibiron a visita de máis de 200 periodistas franceses e prensa internacional.

Esta era a terceira ocasión na que o sector náutico galego participaba con stand propio nesta feira, de gran popularidade por levar xa en funcionamento desde hai 42 anos. O obxecto da presenza corporativa galega foi difundir as instalacións náutico deportivas-recreativas, servizos, produtos e recursos do Turismo Náutico galego, obxectivo no que tamén colaboraron coa súa presenza Jose Manuel Teijido, presidente de Marinas de Galicia e un representante de Asnauga. O feito de que Galicia sexa dos poucos destinos turísticos estranxeiros na feira participou por e cun stand de deseño atractivo, atraeu a atención dos visitantes que se achegaron aos mostradores amosando unha grande curiosidade e interese pola nosa Comunidade. De feito, moitos das persoas que visitaron a feira o ano pasado e que volveron a visitarnos nesta edición, comentaron ter a Galicia nese transcurso de tempo por descubrir a nosa Comunidade neste Salón.

O perfil do visitante correspondía a persoas francesas dun nivel medio-alto, na súa maioría propietarios de embarcacións de recreo da Costa Atlántica , que visitaban a feira de forma individual, en parella ou en familia. Un 40% dos visitantes xa tiña estado en Galicia nalgunha ocasión, amosando o seu interese por volver, un 40% tiña moitas referencias manifestando a súa intención de visitarnos a medio prazo, o 20% restante descoñecía totalmente a nosa Comunidade, incluso sen nocións da súa situación xeográfica, sentíndose fortemente atraído polos recursos e produtos expostos no stand.

23 de septiembre de 2015

Balance positivo da presenza galega no Salón Náutico Grand Pavois

Máis de 6.600 persoas fixeron algún tipo de consulta no stand conxunto de Turismo de Galicia e Portos de Galicia no salón náutico Grand Pavois que […]
22 de septiembre de 2015

Abierto el plazo de inscripción para el primer seminario de capacitación directiva en Compostela

La jornada sobre técnicas de negociación eficaz que se celebrará el martes 29 es de acceso gratuito para los socios del Clúster La primera de las acciones […]
16 de septiembre de 2015

Madrid acoge la próxima semana el Congreso Internacional de Turismo para Todos y el Congreso Internacional de Diseño, Redes de Investigación y Tecnología para todos

La Fundación ONCE acaba de abrir plazo para la parrticipar en la cuarta edición del Congreso Internacional de Turismo para Todos y la quinta del Congreso […]
08 de septiembre de 2015

Sustentabilidade e turismo: Compostela acolleu unha xornada para darlle visibilidade as boas prácticas de RSE

No marco do proxecto da Rede Transrexional de Impulso da RSE (REDE) a Consellería de Traballo, en colaboración con la Axencia de Turismo de Galicia e […]